06 de octubre de 2020
06.10.2020
Faro de Vigo

O dicionario que (non só) os neofalantes estaban a agardar

Rinoceronte Editora publica de balde na rede unha ferramenta para consultar traducións do español ao galego

06.10.2020 | 19:45
Unha manifestación a prol do galego // Gustavo Santos

"Existe 'mampara' en galego? Como se di 'brote'? E 'orca'?". Ante o avance da castelanización das últimas décadas, dúbidas léxicas coma esas xorden todos os días para moitos galegofalantes que non teñen unha formación específica na lingua ou que descobren eivas en determinados eidos lexicográficos. Ata agora, resolver de maneira rápida esas cuestións non era tan doado, pois non había un dicionario en liña específico español-galego. Esta mesma semana, Rinoceronte Editora, especializada na publicación de traducións á lingua do país, acaba de lanzar unha ferramenta para consultar na rede, de balde, estas dúbidas terminolóxicas.

Vista a acollida que a obra está a ter nestes primeiros días, semella que había un baleiro por encher, máis aló dos profesionais da lingua. "O coñecemento que temos do galego deixa bastante que desexar, incluso entre a xente con educación secundaria e ata universitaria", explica Anxa Correa, da editorial. Tamén lles será útil, claro, aos neofalantes.



A ferramenta lanzada agora está baseada nun dicionario que publicou Rinoceronte en 2013, non seus propios materiais tras 15 anos de traballo no eido da tradución, nas consultas a Termigal, na elaboración do seu libro de texto e nun dicionario anterior da Real Academia Galega. Nun primeiro momento, comenta Correa, ía ser só de uso interno, pero logo decidiron abrilo a todo aquel que precise. O dicionario en liña está aberto a melloras e a incorporar novas voces.

Sede da editorial Rinoceronte, en Cangas // Cedida

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Televisión


Los policías hablan sobre la serie 'Antidisturbios': "Si le gusta a Rufián, ponte en lo peor"

Los policías hablan sobre la serie 'Antidisturbios': "Si le gusta a Rufián, ponte en lo peor"

Afirman que la ficción los retrata como "violentos, drogadictos y desequilibrados" y creen que...

'Veneno' estrenará sus dos primeros episodios en Antena 3 el 25 de octubre

'Veneno' estrenará sus dos primeros episodios en Antena 3 el 25 de octubre

La ficción de Javier Calvo y Javier Ambrossi fue la única española en entrar en la lista FreshTV...

Así fue el trepidante e inesperado final de 'La isla de las tentaciones'

Así fue el trepidante e inesperado final de 'La isla de las tentaciones'

Mediaset lleva el 'reality' al extremo y rompe récords de audiencia... y el concepto de fidelidad


Así es el otro final de 'La maldición de Bly Manor'

Así es el otro final de 'La maldición de Bly Manor'

El desenlace de la obra de Henry James era mucho más oscuro y desesperanzador que la ficción

Isabel Pantoja, a Kiko Rivera: "Hay una pandemia, lo que te está pasando no importa"

Isabel Pantoja, a Kiko Rivera: "Hay una pandemia, lo que te está pasando no importa"

El DJ confesó en el 'Deluxe' que está atravesando uno de los peores momentos de su vida