Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O Consello da Cultura Galega abre unha fiestra ós 100 anos da Xeración Nós

Recolle nun especial contidos do movemento cultural e literario do século XX

Integrantes da Xeración Nós. Consello da Cultura

A Xeración Nós cumpre cen anos e o Consello da Cultura Galega está a partillar documentos que buscan dar a coñecer mellor o legado dun movemento cultural e literario chave na historia de Galicia.

Baixo o título "Nós: de onte a hoxe", este proxecto dá a coñece-las figuras da Xeración e revisa materiais documentais e gráficos. A última xoia desvelada, os roteiros manuscritos que deseñou Ramón Otero Pedrayo.

Na web do Consello, pódese consulta-la manuscrito, le-la súa transcrición e tamén realizar unha viaxe multimedia seguindo os pasos de Pedrayo donde do epígrafe "Os Quixotes da terra van de camiño".

Estas viaxes foran pensadas para o seu amigo Silvio Santiago quen foi un destacado persoeiro na colectividade galega en Venezuela. Otero desexaba que Santiago coñecera mellor o seu país non só xeograficamente senón tamén fixándose na cultura e identidade.

No primeiro itinerario que se ofrece, de título "O día de Pastor Díaz", Pedrayo comeza a ruta en Santiago de Compostela, no sepulcro de Rosalía onde plantexa que cantemos o himno galego; mentres que o remate pono en Viveiro cun paseo pola praia dos Castelos. Entre un punto e outro, distan 228 quilómetros nos que homanaxea a Fermín Penzol, Noriega Varela, Cunqueiro ou Ramón Cabanillas, entre outros.

A iniciativa é obra do Consello da Cultura pero o editor literario foi o historiador Afonso Vázquez-Monxardín.

Compartir el artículo

stats