Veñen tempos duros para os músicos, ben o sabe un colectivo afeito a aletear na precariedade para sobrevivir. “Ímolo pasar mal e noso deber é permanecer unidas e loitar cóbado con cóbado”, pensa a banda de ska-punk Dakidarría. Nesa idea de unión acaban de lanzar unha versión da súa canción máis reproducida, 'Terra', para que recrutaron ata 61 músicos de bandas de todo o país. O tema, en clave acústica, foi gravado dende os confinamentos de cada un dos colaboradores, de proxectos tan dispares como Stoned at Pompeii, Guadi Galego, Flow do Toxo ou Caldo, por poner unha presada de exemplos.

Ademais dun xesto de unión gremial, a canción quere ser “un pequeño agasallo” para o público. “A cultura galega está viva grazas ás artistas pero tamén grazas ó pobo que sabe valorala e apoiala... Por iso, xa que agora non podemos atoparnos nos palcos, traemos esta canción dende as nosas casas ata as vosas”, explica a banda, que agradece a todos os que participaron nesta “tolemia” de xuntar a unha cantidade de músicos que nin no 'We are the World' auspiciado por Michael Jackson.