Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Da música dos instrumentos

O poeta vigués Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil recita os poemas da terceira entrega de 'Versos para ler e soñar'

Poesía del vigués Antonio García Teijeiro para amenizar la cuarentena

Poesía del vigués Antonio García Teijeiro para amenizar la cuarentena

Para ver este vídeo suscríbete a Faro de Vigo o inicia sesión si ya eres suscriptor.

Poesía del vigués Antonio García Teijeiro para amenizar la cuarentena Antonio García Teijeiro

Oio ben lonxe

a voz do vento.

Non, que é o eco

dun instrumento.

IX

Cando esa guitarra chora

un minuto

é unha hora.

Se non deixa de chorar

o reloxo

vai parar.

Que non chore esa guitarra!

que soen notas do vento,

que escorrente as soidades

e que limpe o firmamento.

Que deixe de chorar

e cante bicos de escuma,

que se pousen no meu rostro

e que se arreden as brumas.

Cando esa guitarra chora,

teño ganas de dicirlle

que o seu pranto

non namora

e que as bágoas

que deita

anegan a luz da aurora.

Os días son máis escuros

cando esa guitarra chora.

X

Cala un momento!

Soa ben lonxe

un instrumento.

Sabes cal é?

Non, non che sei.

Sabelo ti?

Éche un violín,

son de carmín.

Cala un momento!

Quero soñar.

Quero escoitar

notas que brillan

preto do mar.

XI

Soa unha gaita

pola verea.

Meigos lamentos

de primavera.

Son prantos leves.

Son notas brancas,

bicos perdidos,

luces que encantan.

Soños de gaita.

Cantigas mudas.

Contos sen voz.

Notas escuras.

XII

Pola beira do mar

hai un peixe dourado

que dá co seu fagot

mil concertos salgados.

As algas fanlle coros

coas rochas e o vento.

Do fagot voan notas.

Que grandiosos concertos!

Melodías de sal,

as que escoitan as ondas.

A música éche luz.

As gaivotas son sombras.

Pola beira do mar

ese peixe dourado

soña acordes de lúa

ao fagot apertado.

EN DIRECTO

Coronavirus en Galicia: última hora

Sigue las noticias sobre la incidencia de la pandemia del Covid-19 en la comunidad

Compartir el artículo

stats