Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Un Xabi de chocolate

Un conto de Ledicia Costas para disfrutar na crisis do coronavirus

Presta moita atención á historia que che vou relatar. Sucedeu hai tan só uns meses, durante a celebración do Samaín, esa festa na que decoramos a casa con pantasmas, morcegos e arañeiras e baleiramos cabazas para poñerlles as caras máis monstruosas. Nesa data, todo o que ten que ver co mundo dos espíritos semella divertido, mais talvez non saibas isto: din que a noite de defuntos é unha noite máxica. O veo que separa o mundo dos vivos do mundo dos mortos, desaparece, e as cousas máis estrañas poden suceder. Hai moitos defuntos que aproveitan esa madrugada para viaxar ao noso mundo. Ti non podes velos, pero están aí. Algúns poñen trampas, fan falcatruadas, xogan cos vivos ao seu antollo. Gústalles especialmente divertirse cos nenos. Sempre están observando. Por iso máis vale estar alerta.

O protagonista desta historia chámase Xabi, mais podería chamarse Nuria, Noa, Sira, Hugo ou Samuel. Con isto quero que entendas que, o que lle sucedeu a Xabi, podería pasarlle a calquera que lle guste o chocolate. Xabi toleaba co chocolate: moedas, ovos, xoaniñas, xeados, galletas... De feito, enfadábase moito cando non lle deixaban comelo.

-As cousas ricas son para comer -argumentaba, convencido de que levaba a razón.

Mais, por desgraza, no mundo das persoas adultas, as cousas non sempre funcionan así.

Aquela tardiña, logo de pasar a tarde vestindo a casa con decoración terrorífica, o pai de Xabi chamou por el:

-Colle esta cesta, que imos visitar as casas dos nosos veciños. Xa verás, vanche dar unha chea de larpeiradas.

-De chocolate? -preguntou o neno.

-De chocolate, de caramelo e de todas esas cousas que che gustan tanto e son tan malas para os dentes. Pero un día é un día.

-Eu quero que veña mamá! -protestou o pequeno.

-Tranquilo, que mamá tamén nos acompaña. Pero antes imos vestir o disfrace de esqueleto.

E así foron os tres collidos da man, porta por porta, na procura das larpeiradas. A tarde estaba nese momento en que o ceo empeza a pintarse coas cores do lusco e fusco e todo semella máxico e misterioso. O laranxa, o amarelo e morado entrelazábanse entre as nubes, sobre as cabezas do esqueleto Xabi e dos seus pais. O neno estaba moi contento, nunca fóra ás casas dos veciños no día do Samaín, e para el era toda unha aventura. Cantas larpeiradas de chocolate conseguiría? Soñaba con encher a cesta. De súpeto, cando estaba a piques de tocar o timbre da casa máis próxima, sentiu un ruído que o asustou. Máis non só iso: tamén unha estraña presenza. Algo que non soubo identificar pero que o fixo estremecer...

[CONTINUARÁ

Compartir el artículo

stats