A plataforma colaborativa Vigo Industrial sobre o patrimonio da ría pide axuda
Lanza unha campaña para recaudar fondos e mante-lo dominio durante, alomenos, tres anos máis e así seguir catalogando o patrimonio industrial do estuario

Imaxe de promoción de Vigo Industrial. / Vigo Industrial.
A plataforma Vigo Industrial (www.vigoindustrial.com) fai un chamamento para seguir catalogando e difundindo o patrimonio industrial da ría de Vigo. Por iso, veñen de lanzar unha campaña de micromecenazgo para recaudar fondos e así proseguir co seu proxecto.
De momento, xa conseguiron 634 dos 1.600 euros necesarios que precisan para paga-lo dominio da internet durante os vindeiros tres anos, paga-los impostos máis comisións bancarias e elaborar e remiti-las recompensas. As aportacións abranguen contías dende os oito ata os 125 euros. Máis información na web de Verkami.
Os impulsores da iniciativa destacan que “o noso é un proxecto colaborativo de catalogación, difusión e posta en valor do Patrimonio Industrial dos concellos da Ría de Vigo (Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Ponte Caldelas, Redondela, Vigo, Nigrán, Gondomar e Baiona).
As súas principais accións consisten na elaboración dun catálogo web mediante fichas individualizadas de cada edificio con fotos, planos e outro tipo de información documental como a súa situación urbanística historia ou descripción arquitectónica.
En cada proxecto, a mobilización cidadá é necesaria xa que precisan axudas e aportación de memoria colectiva ou individual tanto de extraballadores desas empresas, como institucións, investigadores ou da veciñanza.
Unha altísima porcentaxe dos contidos da web teñen licenza creative commons 4.0 polo que poden ser empregados polo resto da sociedade.
Entre a xente que colaboren, como recompensa, facilitarán unha serie de serigrafías a cargo de David Amoedo en colaboración co equipo Vigo Industrial das fachadas de La Metalúrgica ou Massó, entre outros; debuxos de Tomás Barreiro do Estaleiro de Vicente de Domaio; láminas do logo coa imaxe de Conservas Alfageme, camisetas co deseño da Panificadora, bolsos ou mochilas coa imaxe do cargadoiro Coto Wagner, entre outros obxectos.
Os colaboradores habituais de Vigo Industrial son David Amoedo Losada (debuxante e delineante), Tomás Barreiro Vescovo (arquitecto e debuxante), Sandra Villar Soliño (arquitecta), Montse Piñeiro (deseñadora e fotógrafa), Zacarías Abad (fotógrafo) e José Chas (fotógrafo).
- El ministerio niega la entrada a puerto al buque arrastrero «Novaya Zemlya»
- Calamar, pota, potón: ¿Quién pesca el qué, dónde y en qué condiciones?
- Quiebra la excontrata gallega de centros logísticos de grupo Inditex
- Mueren una mujer de 51 años en un accidente de tráfico en Muíños y su marido tras recibir la noticia
- Una odontóloga venezolana y su marido ingeniero hacen cola en el comedor social de Vigo al no poder convalidar sus títulos
- El juez ordena cerrar un piso turístico en Vigo por estar «prohibido» en los estatutos
- Galicia, entre las comunidades que permiten a más alumnos de ESO graduarse con asignaturas no superadas
- El doctor Pintado Albo, el ginecólogo que trajo al mundo a miles de vigueses y al primer 'in vitro'