10 de diciembre de 2019
10.12.2019

O suculento menú do festival Novos Cinemas de Pontevedra

"Arima" de Jaione Camborda inaugura a cita do celuloide que ata o día 15 amosa un panorama europeo e internacional delicatessen

10.12.2019 | 17:55
A directora Jaione Camborda, na rodaxe da película "Arima". // Esnatu Zinema

Unha nova edición de Novos Cinemas en Pontevedra escomeza esta tarde (día 10) e se desenvolverá ata o día 15 cando se proxectará "Longa noite" de Eloy Enciso, premiada en Locarno. O Teatro Principal da vila do Lérez acolle a partir das 20.30 horas de hoxe a longametraxe galega "Arima", de jaione Camborda, que se fixo cun premio no pasado Festival de Sevilla. Será un dos bocados exquisitos deste festival confeccionado polos directores Daniel Froiz, Ángel Santos e Suso Novás.

Ás cinco, comezou a proxección das curtas de alumnos do Campus de Pontevedra que participaron nun obradoiro con Camborda durante tres meses. En total, poderanse ver dez pezas.

Entre este inicio e o remate do festival, a programación ofrece proxeccións de filmes especiais estranxeiros, galegos e españois, obradoiros e charlas.

Sección Oficial

Na sección oficial poderanse ver películas como "Bait", cebo, do inglés Mark Jenkin que amosa o distanciamento de dous irmáns cun barco de pesca e unha casa para vivenda turística de por medio.

Tamén se proxectará "Blanco en blanco" –de Théo Court- na que un fotógrafo chega nos inicios do século XX á Tierra del Fuego en Chile para retratar a unha familia. A beleza da muller do latifundista que o contrata cautivarao para facelo convivir co xenocidio dos nativos.

En "Douze mille", Nadège Trebal presenta a Frank, un home que decide deixa-la súa casa tras perde-lo seu traballo clandestino. O seu soño: gañar 12.000 euros cun novo emprego: o xusto para vivir.

"Enquanto estamos aquí", dos brasileiros Clarissa Campolina e Luiz Pretti, retrata a Lamis e Wilson, inmigrantes en New York. O filme presenta un diario de viaxe con enfoque poético e a modo de crónica coa política das persoas de por medio.

"Girafe" é outras dasperlas que escolleu o festival. A danesa Anna Sofie Hartmann presenta eta longamentraxe na que a inminnete construción dun túnel entre Dinamarca e Alemaña conecta o presente e o futuro dun cambio no aire, o mesmo cambio que unha moza debe documentar, xa que haberá vivendas que será derrubadas.

En "L´Ìle aux oiseaux", os suízos Maya Kosa e Sergio da Costa presentan o mundo de Antonin, un mozo que atopa a súa nova vida nun centro de rehabilitación de aves.

No caso de "Lost holiday", Michael Matthews e Thomas Matthews lévanos á historia de dous amigos de secundaria nunhas vacacións de Nadal nas que deciden tentar resolver o secuetro dun membro da alta sociedade de Washington.

"Ne croyez surtout pas que je hurle" serve para que Frank Beauvais nos sitúe na súa historia de amor cunha aldea alsaciana á que se foi vivir despois de sentirse sen perspectivas nin diñeiro nin compaña.

O angolano Carlos Conceiçao proxecta "Serpentário", á procura en imaxes dun mozo da pantasma da súa nai a través dunha paisaxe postapocalíptica africana.

Na sección Latexos

Na sección Latexos teremos a presentación mundial de "Actos de primavera", de Adrián García Prado na que se filma a si mesmo durante a primavera na procura da identidade; así como a estrea en Galicia de "De los nombres de las cabras" dos españois Silvia Navarro e Miguel G. Morales.

Outro filme que promete ser interesante é o de Ione Atenea con "Enero" onde filma a vellez de mulleres octoxenarias. Cun pé na comedia pero tamén na reflexión está "La educación sentimental" de Jorge Suárez e "Las facultades" de Eloísa Soaas sobre as inesperadas conexións de temarios de facultades mentres os alumnos agardan a ser avaliados oralmente.

Neste ano, o foco ponse no cinema de Bas Devos. A súa terceira película "Ghost tropic", deste ano, terá a súa estrea en España en Pontevedra. Nela, unha muller magrebí queda durmida no metro, ó espertar xa non hai máis viaxes e debe voltar soa andando para a casa. Nesa viaxe, o cineasta non quixo amosar perigos senón que o espectador vexa as cousas dende outro ángulo. Deste cineasta, tamén se poderá ver "Violelt" e "Hellhole", os seus dous primeiros filmes.
Dentro dos obradoiros, Santiago Racaj presentará un taller teórico práctico sobre dirección de fotografía.

Outro espazo abraiante do festival serán os encontros con cineastas como Helena Girón e Samuel M. Delgado que falarán dos seus proxectos.

Non hai que esquecer que no espazo Lab, catro directores escollidos polo festival xúntanse durante tres días con expertos para recibir asesoramento para o seu filme en proxecto. Os escollidos este ano son o vigués Carlos Martínez con "Serra da estrela", a arxentina Ingrid Pokropek con "Los cuadernos del perro"; Cordelia Alegre con "La Unión" e Pablo García Canga con "¿Cuándo aterrizarás?".

Máis información sobre os horarios, entradas e detalles do festival en novoscinemas.com.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Televisión


Fotograma de 'The Walking Dead'.
Nuevo giro de tuerca a 'The Walking Dead', que se estrena el 13 de abril

Nuevo giro de tuerca a 'The Walking Dead', que se estrena el 13 de abril

La serie se centra en la primera generación nacida en los supervivientes del mundo postapocalíptico

'¿Quién quiere ser millonario?' vuelve en su 20º aniversario

'¿Quién quiere ser millonario?' vuelve en su 20º aniversario

El concurso, que presentará Juanra Bonet, llega a Antena 3 con una serie de programas especiales

'El embarcadero' regresa con una temporada "más oscura"

'El embarcadero' regresa con una temporada "más oscura"

"Explotan todas las bombas, explotan todos los personajes y todas las respuesta", dice su creadora

Tres no tristes estrenos

Tres no tristes estrenos

Las series 'Néboa', 'El pueblo' y 'Perdida' son testigos de que las generalistas no se rinden


'Better Call Saul' terminará con su sexta temporada

'Better Call Saul' terminará con su sexta temporada

Se descarta el regreso de Bryan Cranston y Aaron Paul a la serie derivada de 'Breaking Bad'

Llegan los primeros cuernos a 'La isla de las tentaciones'

Llegan los primeros cuernos a 'La isla de las tentaciones'

Fani y Rubén intercambiaron confidencias en el sofá y después besos sin ningún tipo de tapujos