A presidenta do Consello da Cultura Galega, hoxe no "Zigzag"
Falará sobre a mostra "Os Adeuses" en Nova York
Redacción | A Coruña
O programa da Televisión de Galicia "Zigzag" recibirá hoxe a visita da presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, para falar da mostra "Os Adeuses", que pode verse no Ellis Island Museum de Nova York ata o 5 de maio.
O Consello da Cultura e a Xunta reúnen nesta mostra unha selección de fotografías de Alberto Martí sobre o éxodo migratorio galego cara a América entre os anos 1957 e 1963 desde os portos da Coruña e Vigo.
Por outro lado, no corazón de Compostela, os espectadores descubrirán o "Camiño de Kumano", o Kumano Kodo, unha serie de fotografías realizadas polo galego Luís Gago e a irlandesa Aoife Dhubhda neste vello e afastado lugar do Xapón, que convida a vivir a súa maxia e a lembrar que hai máis de 20 anos está irmandado co Camiño de Santiago. Ademais, o espazo da tvG2 falará do novo libro de Iria Collazo, "A casa do paralelo 54", unha historia onde a imaxinación non ten límites, onde as cousas máis raras suceden coma se fosen normais.
Finalmente, Zigzag achegarase ao novo disco do guitarrista galego Valentín Caamaño e, da man da colaboradora María Yáñez, descubrirá a memoria fotográfica nas redes.
- Muere abrasado por las llamas dentro de su vehículo en Redondela
- Muere uno de los atracadores históricos implicados en el gran golpe de Gran Vía
- Una mujer divorciada recurre al Constitucional para evitar que ella y su hijo sean desahuciados
- «Por la Lennon pasó lo mejorcito de la música española del momento»
- La batalla de los sacerdotes enamorados: 'El tabú se está rompiendo y no nos vamos a rendir
- Se masturba y eyacula detrás de una mujer que daba de comer a unos gatos en una calle de Vigo
- Vuelve a cambiar el precio de la bombona: esto es lo que costará a partir del martes
- Galicia lanza un nuevo plan «Renueva tu Vehículo» por 3,1 millones con el reto de superar las 30.000 matriculaciones en 2025