Deseucaliptización, palabra galega do ano 2018
A palabra recibiu máis da metade dos votos, moi por diante de feminismo, sororidade, apoderamento e fariña

Atréveste a repetir tres veces seguidas a palabra?
REDACIÓN | AXENCIAS VIGO
Xa temos a palabra galega do ano 2018 e 'deseucaliptización' e a gañadora da votación promovida polo Portal das Palabras e na que se recibiron 5.724 dos que a palabra vencedora recibiu máis da metade: 3.114. Seguno os organizadores da competición lingüística, este neoloxismo "reflicte a crecente preocupación pola xestión dos nosos montes".
De feito, non é a primeira vez que esta cuestión marca a elección da palabra do ano, posto que, aínda que en 2017 a vencedora foi 'afouteza', entre as finalistas estiveron 'vaga de lumes' e tamén a gañadora deste 2018.
A historia da palabra galega do 2018
'Eucaliptización' e 'deseucaliptización', aínda que non figuran no dicionario da RAG, axústase ás regras de formación de palabras propias do galego, segundo confirma esta institución. Así, a partir do substantivo 'eucalipto' e mediante sufixación xorde 'eucaliptizar', de modo que se pode formar 'deseucaliptizar' e de aí 'deseucaliptización'.
O eucalipto correspóndese a un xénero de árbores orixinais maioritariamente de Australia que inclúe diversas especies. A súa incorporación á flora europea é relativamente recente, tal e como informa a RAG. En Galicia, foi introducido da man do pai Rosendo Salvado, que se instalou en Nova Norcia (Australia) para evanxelizar esta terra.
O nome da especie débese ao botánico francés Charles-Louis L'Hériter, quen bautizou como 'Eucalyptus obliqua' no século XVIII a unha árbore que chegou ao British Museum de Londres a través da expedición do capitán James Cook.
O termo está formado pola unión de dous elementos de orixe grega: 'eu' significa 'ben', mentres que 'kaliptós' é 'cuberto'. Por outra banda, 'obliqua' fai referencia á forma da base das súas follas cando son adultas.Palabra do ano en galego: os outros finalistas
O vocábulo gañador, que sumou un total de 3.114 apoios na iniciativa web da Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié, impúxose a outro cinco termos finalistas. De feito, a segunda palabra máis popular foi 'feminismo', con 1.032 votos, mentres que pechan a lista 'sororidade', 'fariña', 'apoderamento' e 'fascismo'.
- Una joven denuncia una agresión sexual en Vigo por parte de cinco hombres
- Nudistas en la playa de Barra increpan con aplausos a quienes utilizan el bañador
- Miguel Ángel Lotina: «La de mi Celta es la plantilla más completa que he entrenado»
- «Valoria B» y «Tumberry C», duelo de titanes en la ría de Aldán
- La isla de Ons pierde parte de su luz: adiós a Áurea Reiriz Otero, farera, percebeira, cantadora y pandeireteira
- Investigan la muerte de un hombre de 47 años tras precipitarse de un quinto piso en Baiona
- El tripulante detenido por la narcolancha de Portugal estaba escondido en las dunas de la playa
- Muere un septuagenario mientras se bañaba en una playa de O Grove