Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Un puntal para o Instituto de Estudios Vigueses

O 2 de febrero de 2007 ingresaba de xeito formal no Instituto de Estudios Vigueses Don Alfonso Zulueta de Haz no auditorio do, daquela así nomeado, Centro Social Caixanova...

O 2 de febrero de 2007 ingresaba de xeito formal no Instituto de Estudios Vigueses Don Alfonso Zulueta de Haz no auditorio do, daquela así nomeado, Centro Social Caixanova. Cando entra nesta institución non é en absoluto Don Alfonso un descoñecido no mundo da cultura e da intelectualidade. Non era a esas alturas só un afamado notario, profesor e poñente en materia de Dereito Civil, senón que tamén tivera xa ocupado a presidencia dunha morea de institucións de alto prestixio no mundo cultural e editorial galego, así como tivera tamén acadado unha gran cantidade de recoñecementos de todo tipo. A súa entrada naquel momento no IEV non vai ser senón máis que un novo recoñecemento a súa persoa e a súa obra, mentres que para o IEV a súa chegada vai ser un motivo de especial orgullo por poder contar co colaboración dun home da súa inmensa relevancia intelectual. No seu discurso de ingreso, titulado "Vigo e os seus espazos de Cultura" Don Alfonso fai unha profunda reflexión sobre o pasado, presente e futuro de Vigo, partindo do principio de que a cultura vén sendo sempre " ?. o auténtico motor do progreso que debe informar as demais actividades humanas e, por suposto tamén, a economía, xa que todo cambio da sociedade cara a situacións máis xustas e harmónicas só pode vir pola cultura". Toda una declaración de principios!

Dende o mesmo momento do seu ingreso, Don Alfonso -Alfonso para min pola súa grande proximidade humana- foi un puntal moi especial para nosa a Institución; un apoio moi especial durante os momentos de zozobra que nos tocou vivir, sempre ofrecendo a súa opinión ben ponderada, e poñendo a súa opinión calma á hora de enfrontarse ás decisións máis difíciles, conseguindo abrir coa súa bonhomía portas que semellaban estar naqueles momentos atrancadas. Dende a directiva do IEV sempre puidemos contar co seu apoio firme e coa súa total colaboración, achegando oportunas ideas sobre o rumbo que deberíamos levar e animándonos a seguir co traballo que estabamos a facer.

*Director del Instituto de Estudios Vigueses

Compartir el artículo

stats