29 de marzo de 2017
29.03.2017
Pleno na Academia

Freixanes asume a presidencia da RAG nun pleno ó que non acudiron os críticos

Seis académicos non asistiron a votación da nova directiva para amosar as súas diferencias - O escritor téndelles a man para "facer camiño xuntos" e lograr "consenso"

29.03.2017 | 01:49
Freixanes con Fina Casalderrey, nova bibliotecaria da RAG, onte na Coruña. // Víctor Echave

O escritor Víctor Fernández Freixanes converteuse onte no decimo quinto presidente da Real Academia Galega (RAG) ao acadar maioría absoluta na primeira votación á que se someteu a súa candidatura no pleno extraordinario da entidade. A división existente no seno da Academia visibilizouse ata na elección da nova directiva xa que seis académicos do sector crítico no acudiron ó pleno en sinal de protesta polas discrepancias existentes. A eles dirixiu Freixanes as súas primeiras palabras tras ser elexido para tenderlles a súa man para atopar "consenso", algo que únicamente se logra "facendo camiño xuntos".

Dos 28 académicos da RAG, 19 acudiron a sesión plenaria para elixir o sustituto de Xesús Alonso Montero, tres excusaron a súa ausencia e outros seis -entre eles Manuel González, Xosé Luis Axeitos ou Francisco Fernández Rei- non se presentaron para amosar as súas discrepancias coa candidatura de Freixanes. O novo presidente, o que lle chegaba obter 15 votos na primeira ronda, logrou 18 de 19. Non foi ata este pleno -algo que critica o sector ausente- cando Freixanes presentou o seu programa e a súa candidatura na que Henrique Monteagudo repetirá como secretario da RAG, Andrés Torres Queiruga será o subsecretario, Marilar Aleixandre será a tesoureira e Fina Casalderrey ocupará o cargo de bibliotecaria e arquiveira. "Ata o que eu sei, sempre fíxose así, anuncíabase no pleno", alegou Freixanes. Os críticos tamén cuestionan a presenza de Aleixandre na nova directiva. "Non estivo en ningún pleno. É como nombrar a alguén obispo sen que dera misa", di un académico.

No seu discurso ante o plenario, Freixanes asegurou que fixera "un esforzo decidido para lograr unha candidatura de consenso entre as diferentes sensibilidades que conviven nesta casa". Tras a evidencia de non lograr esta vía, o escritor recoñece que as diferencias de opinión, desde o respeto, "son algo positivo, que aporta riqueza" e que forma parte do sistema democrático "que non todo o mundo pense o mesmo". Iso sí, pese a asegurar que para traballar a partir de agora quere contar con toda a Academia -"tanto os ausentes como os correspondentes ou os académicos de honor. Todos somos Academia"-, recoñeceu que lle gustaría que onte estivesen todos os académicos presentes "para que dixeran no que non están de acordo". O sector crítico asegura, pola súa banda, que o de onte foi un acto para simbolizar a división pero que no futuro colaborarán e traballarán sen problema coa Real Academia e a nova directiva.

Freixanes asegurou que será una presidencia "continuista" na línea do realizado polo seu predecesor, Xesús Alonso Montero. "Nestes catro anos houbo un traballo intenso, cheo de xenerosidade, do que sentirse orgulloso", sinalou e citou iniciativas que pensa seguir coma "o diccionario, o Portal das Palabras, a web...".

O novo presidente destacou que dentro das liñas de traballo o primeiro é lograr "un clima de transparencia interna" para despois centrarse no estudo e promoción da lingua galega, especialmente entre as xeracións máis xóvenes. Ademais Freixanes aboga por traballar en equipo -xunto a outras entidades coma as universidades ou o Consello da Cultura Galega- para fomentar "o uso e a estima da lingua". "Temos que crear espacios sociais e afectivos para a lingua porque a lingua galega é de todos, non so duns poucos e ademais a lingua galega non compite contra ningunha outra", indicou Freixanes, quen destacou que agora toca centrarse xa no Día das Letras.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Noticias relacionadas

Televisión


Un adelanto de 'El corazón de Sergio Ramos'
Así es 'El corazón de Sergio Ramos', la 'docuserie' del futbolista para Amazon

Así es 'El corazón de Sergio Ramos', la 'docuserie' del futbolista para Amazon

Narra su vida privada con Pilar Rubio y sus tres hijos, además de la profesional, en 8 episodios

El garrafal fallo ortográfico de una concursante en 'La Ruleta de la Fortuna'

El garrafal fallo ortográfico de una concursante en 'La Ruleta de la Fortuna'

"¿No podéis cortar esto? ¡Qué vergüenza!", exclamó al darse cuenta del error que había cometido

Pilar Rubio la lía en las redes al mostrar uno de sus tatuajes

Pilar Rubio la lía en las redes al mostrar uno de sus tatuajes

La colaboradora de 'El Hormiguero' enseña el 'tattoo' que se hizo en honor a su hijo Alejandro

Pepa y Carles

Pepa y Carles

La periodista se hace cargo de 'Las mañanas de RNE', con lo que pasaremos a 15 horas semanales de...


La 10ª temporada de 'The Walking Dead' ya tiene fecha

La 10ª temporada de 'The Walking Dead' ya tiene fecha

Los nuevos capítulos arrancarán con un salto temporal e "inesperados cambios"

Raquel Sánchez Silva pierde otra batalla contra los Biondo

Raquel Sánchez Silva pierde otra batalla contra los Biondo

Suspenden la pena que condenaba a los familiares del difunto por insultos a la presentadora