Con máis de 60 hectáreas de viñedos de albariño no Val do Salnés, Terra de Asorei é unha adega familiar na que apostan pola calidade, sostenibilidade e internacionalización. Con capacidade para elaborar 400.000 botellas de albariño, a día de hoxe os seus viños xa están presentes en 22 países.

A través dunha viticultura sostible e respectuosa co medio ambiente, controlan a calidade do seu albariño dende a orixe: a terra, as cepas e as uvas, o seu coidado durante todo o ano, a súa vendimia manual, a elaboración na adega e a súa comercialización. Todo este proceso está xestionado con un software especializado para a trazabilidade dende o viñedo ata que as botellas saen da adega, o cal permite diferenciar as súas tres liñas de albariño: Terra de Asorei, Nai e 1953 Pazo Torrado.

O obxectivo é elaborar albariños auténticos de calidade e manterse como empresa familiar. Seguindo a liña de tradición europea dos viños fieis á terra onde se cultivan as cepas, Terra de Asorei vai máis alá e adáptase como empresa a un mundo aberto e en constante transformación.

As seis "A"

Adega, Albariño, Auténtico, Arte Atlántica con Amor. O logotipo de marca de Terra de Asorei son seis "A" que evocan a seis familias do Val do Salnés de longa tradición adegueira e vinícola; que a principios do século XXI, uníronse nunha soa adega familiar. Por iniciativa de Xosé Ramón Durán - Roque, Presidente e Conselleiro Delegado de Adegas Terra de Asorei, esta irmandade familiar de adegueiros do Salnés constituíuse en 2008 dando lugar a esta adega, na que hoxe están representadas as seis familias no Consello de Administración da empresa.

Enoturismo

Dende a dirección de Terra de Asorei queren achegar o seu bó facer a todo aquel que o desexe. A través da súa web é posible reservar visitas guiadas e disfrutar dunha experiencia enoturística única, coa que coñecer de primeira man o proceso de elaboración destes albariños.

Adega botelleiro

Nunha constante aposta pola sostenibilidade e o compromiso co medio ambiente, e respondendo ás necesidades de almacenaxe de elaboracións especiais de albariños e de garda, Terra de Asorei proxecta, a través do estudio de Paula Alfonso Arquitecta, unha edificación que fará as veces de botelleiro para dar cabida a estes produtos -algún deles precisa 6 meses en lías, un ano en lías e dous anos de garda, barrica de 2 anos, e os escumosos de Terra de Asorei, con 15 meses de rima para o Brut Nai e 9 meses para o Brut 1953-. A construcción, prefabricada en madeira galega para minimizar a pegada de carbono, acada unhas condicións óptimas de sombreamento e renovación de aire, sin que faga climatizar o local para almacenar o viño nas mellores condicións. Ademáis, inclúe a instalación de placas fotovoltaicas que servirán para xerar enerxía para todo o complexo. A previsión por parte da adega é que a edificación sexa inaugurada a mediados de setembro.