Nace en Nigrán unha nova escola de música tradicional
As clases desenvolveranse no muíño de Porto do Molle e alí terá lugar este mércores unha foliada de presentación

Unha anterior foliada no muíño de Porto do Molle.
N.P.
O histórico muíño de Porto do Molle será o espazo onde se desenvolverán as clases da nova Escola Tradicional de Nigrán, na que calquera persoa poderá aprender a tocar un instrumento de música folclórica ou cantar desde cero.
A cooperativa Casa das Redes xestiona este novo servizo cultural, coa colaboración do Concello de Nigrán, que comeza a súa andaina este mércores 2 de setembro cunha foliada programada das 19.00 ás 22.00 horas.
A xornada está aberta a toda a veciñanza e a organización convida a acudir con instrumentos para sumarse á festa, na que se ofrecerá información sobre a nova escola para matricularse.
- Una joven denuncia una agresión sexual en Vigo por parte de cinco hombres
- Miguel Ángel Lotina: «La de mi Celta es la plantilla más completa que he entrenado»
- «Valoria B» y «Tumberry C», duelo de titanes en la ría de Aldán
- La isla de Ons pierde parte de su luz: adiós a Áurea Reiriz Otero, farera, percebeira, cantadora y pandeireteira
- Nudistas en la playa de Barra increpan con aplausos a quienes utilizan el bañador
- Muere un septuagenario mientras se bañaba en una playa de O Grove
- Piden el cese del jefe de gabinete del vicepresidente de la Diputación de Pontevedra y él alega que era un «trend» de TikTok
- El tripulante detenido por la narcolancha de Portugal estaba escondido en las dunas de la playa