Luar na Lubre celebra o seu 40 aniversario no festival Chandefolk
O festival de música tradicional de Chandebrito regresa este sábado e contará tamén coas Pandeireteiras do Sobreiro
As mochilas vibratorias para persoas xordas estarán dispoñibles para os concertos

A actual formación de Luar na lubre.
R.V.
Chandebrito volve a converterse este sábado, día 29 de agosto, na capital do folk, cun concerto dun dos grupos de referencia na actualidade. Luar na Lubre fará unha parada da súa xira «40 aniversario» no festival Chandefolk, que organiza o Concello de Nigrán en colaboración coas entidades da parroquia, e alí repasará os grandes éxitos da súa andaina musical.
A formación coruñesa chega a Nigrán tras recibir a Medalla Castelao da Xunta en 2025 e ratifica o Chandefolk como cita impescindible para os amantes do xénero tras ter acollido en anteriores edicións a Milladoiro, Budiño, Susana Seivane ou Xabier Díaz e Adufeiras do Salitre. Terá lugar na carballeira de Chandebrito a partires das 21.00 horas e contará tamén coas miñoranas Pandeireteiras do Sobreiro como abreconcertos.
Luar na Lubre ten vendido más de 350.000 exemplares dos seus traballos e recibiu dous discos de ouro, nove premios da Música e outros recoñecementos dentro e fóra de Galicia, participando mesmo en festivais con artistas internacionais como The Waterboys, The Corrs ou Bob Geldof e españois como Víctor Manuel, Miguel Ríos, Luz Casal, Ismael Serrano, Pedro Guerra ou Diana Navarro. A banda naceu no ano 1986 coa vocación de divulgar a música e a cultura galegas e está formada na actualidade por Bieito Romero (gaitas, acordeón, zanfoña), Cristina López (voz), Nuria Naya (violín), Patxi Bermúdez (bodhran, tambor), Pedro Valero (guitarra acústica), Xavier Ferreiro (percusión latina, efectos), Xan Cerqueiro (frautas) e Brais Maceiras (acordeón).
O concerto de Chandebrito será inclusivo para persoas con problemas de audición e disporá de mochilas vibratorias para quen as solicite previamente no mail info@entresignos.com ou no WhatsAppp 690679675.
- Un perro muerde a una vecina de Navia cuando protegía a su perra del ataque: Eira huyó pero apareció tras tres días perdida
- La Guardia Civil investiga vertidos durante unos trabajos de reparación de un barco de pasaje en Bueu
- La Guardia Civil logra frenar una estafa de 46.300 euros con criptomonedas a un pontevedrés
- Comprar en el centro de Vigo es tres veces más caro que en la periferia: así están los precios del metro cuadrado por barrios
- Evacúan de madrugada a un vigués de un velero fondeado en Arneles en la ría de Aldán
- Sin consenso en Vigo por Peinador: Abel Caballero insiste en que «solo hay un modelo» y Luisa Sánchez lo acusa de «despreciar» fondos de Diputación y Xunta
- El mosquito tigre se extiende en el área de Vigo: cómo evitar y paliar su persistente picadura
- Un niño alerta al 112 de un incendio en su casa en Vigo mientras su madre intenta apagarlo