"Materiais e formas da terra", mostra colectiva en Sabarís
Seis autores amosan obras de pintura, cerámica e fotografía no multiusos

O grupo de artistas que expón no multiusos de Sabarís.
N.P.
O multiusos de Sabarís acolle ata o día 14 deste mes a mostra "Materiais e formas da terra", na que Marga Cachaza, Ana Fuentes, Teté Fernández-Colmeiro, Marcos Lago, Puri Pérez Leirós e Carmela García expoñen cerámica, pintura e fotografía.
A exposición amosa traballos dun grupo que comparte unha fonte de inspiración: a natureza, as súas cores, as súas formas e mutacións. As pezas cobran forma nun diálogo directo coa contorna, coa paisaxe, coa luz, cos materiais que nos lega a Terra.
Nas cerámicas, terra, auga e lume transfórmanse en obxetos de inspiración orgánica. As fotografías deteñen o tempo e a luz e invítanos a mirar con sosego, o territorio que habitamos, revelando suxerentes xeometrías. Na pintura, os pigmentos e aceites intentan capturar fragmentos, cores e formas da paisaxe, dunha natureza cada vez máis transformada pola nosa especie.
Pode visitarse todos os días de 19.00 a 21.00 e as mañás de sábados, domingos e luns de 12.00 a 14.00.
- Rescatada del agua una persona que flotaba boca abajo en una playa de Sanxenxo
- Dos toneladas de microplásticos llegan a la ría de Vigo cada año desde el Morrazo
- «Ya no me queda nada por hacer en el partido ni en la política»
- Abraham Mateo consigue dejar 'loco enamorado' al público de Castrelos
- La Europol incluye en su lista de más buscados a una mujer que se hizo pasar por médica en Lugo y A Coruña
- La estudiante viguesa del campus de Pontevedra, Marta Domínguez, se proclama de nuevo campeona de squash del mundo universitario
- Un Celta 'in crescendo' empata ante el Nápoles
- Tres heridos en dos accidentes de tráfico en Cangas y Moaña