Entrevista | Antón Seoane Músico e psiquiatra
«Ninguén ten que transitar os cen metros finais con dor ou agonía»
O histórico fundador de Milladoiro reflexiona sobre a morte digna da súa muller no libro «Cando chegou a noite», que presenta este venres ás 20.00 na biblioteca de Nigrán

Antón Seoane, co libro «Cando chegou a noite», que presenta hoxe ás 20.00 na biblioteca de Nigrán. / Alba Villar
Entre a homenaxe á súa muller, falecida hai catro anos tras cinco de loita contra o cancro, e a reflexión sobre a morte digna e a reivindicación da sedación asistida como ferramenta para evitar o sufrimento. O novo libro de Antón Seoane, o ensaio «Cando chegou a noite», editado por Laiovento, é unha catarse emocional para o autor e tamén unha axuda para quen transita ao final da vida ou para quen axuda e apoia. O psiquiatra e músico, histórico fundador de Milladoiro, preséntao este venres na biblioteca municipal de Nigrán ás 20.00 horas.
Que conta «Cando chegou a noite»?
É unha reflexión do tránsito á morte, unha experiencia personal vivida en tempo real a menos dun metro de distancia. É un exemplo moi íntimo e persoal sobre un dereito común do que fai uso neste caso a miña muller para baixarse do tren da vida cando ela o decide lucidamente.
Recibiu a eutanasia?
Non, este é un caso de sedación paliativa ou asistida, que é moi semellante pero un pouco distinta. A eutanasia aplícase cando o paciente chegou a un estado no que non está en condicións de dedicir por si mesmo. Na sedación asistida está nunha estación anterior e decide. Ela, Maite, decidiu que non quería agardar máis, sabía o que lle esperaba, un ano de declive e de sufrimento, e dixo 'ata aquí cheguei'.
Cre que a poboación coñece polo xeral a existencia desa posibilidade?
Hai pouca didáctica neste caso. Está pouco espallada a sedación asistida ou paliativa. Normalmente fálase de eutanasia, pero a sedación permítelle baixarse do tren da vida á xente que decide que abondou o sufrimento. Este concepto está menos no saber da xente, si. E o certo é que ninguén ten que transitar os cen metros finais con dor ou agonía.
Habería que informar máis desa opción para evitar sufrimento?
O que creo, falabámolo a miña muller e máis eu, é que nas consultas de oncoloxía non debía tratarse só o estado biolóxico da persona, as plaquetas, os ganglios... debera haber un asesoramento, sobre todo cando xa se está nunha fase irreversible, certos consellos ou achegamento psíquico, afectivo, para poder explicarlle a esa persoa como pode facer as cousas, se quere chegar ata o final ou non. Bótase en falta esa didáctica do tránsito á morte.
Non se pon a disposición do paciente a antención psiquiátrica ou psicolóxica?
Cando chega a decisión final hai unha valoración psicolóxica porque curiosamente se unha persoa está deprimida e quere marchar o primeiro que se fai por protocolo é darlle antidepresimos. Pero como dicía a miña muller ela non estaba deprimida, o que estaba era aburrida da súa existencia. Si que en ocasións, cando os cancros están comezando, ás vees danse antidepresivos porque melloran moitísimo a calidade de vida das persoas en canto á vivencia do sufrimento. Na fase final de acompañamento, se esa persoa o que quere é marchar da vida, só queda unha pregunta que é cando queres que che axudemos.
Escribir este libro foi terapéutico para vostede?
Si, unha catarse persoal e familiar, pero é curioso que unha íntima amiga dicía despois de lelo que é duro e triste, pero ao mesmo tempo esperanzador. Ten un humor que se mantén ao longo do relato e que aparece de maneira moi evidente na derradeira media hora de vida de Maite.
Como afrontou eses últimos momentos?
O médico estaba a preguntarlle como levaba os vómitos e non tiña, tampouco tiña unha dor lacerante, nin febre. Ela díxolle: 'a verdade é que estou morrendo dunha maneira estupenda'. Ela envolvía o drama da morte co sentido do humor e coa humildade innata do seu carácter. Realmente foi exemplar.
Suscríbete para seguir leyendo
- «Hemos visitado colegios y sorprende que niños de primaria no sepan identificar un pez tan característico y gallego como el rape»
- Condenan al Sergas por la extirpación «a ciegas» del útero a una joven de 33 años en Vigo
- Evacúan en helicóptero desde Cíes a un turista asturiano después de desmayarse
- CIG-Saúde denuncia la contratación de médicos sin especialidad en los PAC del área de Vigo
- La Guardia Civil confirma que la mujer de A Portela, en Bueu, llevaba tres semanas muerta en su casa
- Las quejas de los hosteleros, uno de los motivos de la prohibición de los conciertos en los chiringuitos de playa de Vigo
- La Xunta advierte de una «desbandada» de las concesionarias de cafeterías escolares tras la normativa estatal de comedores
- El verano ya no es solo vacaciones: cada vez más jóvenes vigueses cambian la playa por el trabajo