Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Comezan tres días de Festa Raxada en Gondomar con buses lanzadeira

High Paw sustitúe a Dakídarría por accidente e actúan tamén mañá venres Os Pataghulhos, Antimums, Seitura e The Gotxos Party

Mercedes Peón é o plato forte do sábado e toca ás 19.00

Mercedes Peón, en concerto.

Mercedes Peón, en concerto. / Julio Santos Álvarez

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Gondomar

A Festa Raxada de Couso, en Gondomar, comeza mañá venres con 72 horas de cultura galega por diante en diversos puntos da parroquia e un servizo de buses lanzadeira desde o centro de Gondomar, cuxos horarios se poden consultar no Instagram do festival.

Tras cancelarse o concerto de Dakídarría por accidente, a xornada arrincará ás 20.30 con actuacións de Os Pataghulhos, Antimums, High Paw, Seitura e The Gotxos Party no campo de fútbol. O sábado será a quenda de Mercedes Peón, que abre as actuacións ás 19.00, seguida de Brassica Rapa, Netta Ruffina, Sun Iou, Xente Tóxica e DJ Rapante.

Entre concertos, o público poderá desfrutar de restaurante e ultramarinos para colaborar coa financiación do evento, que organiza a cooperativa Casa das Redes en colaboración coa comunidade de montes da parroquia, da zona de baño que os comuneiros teñen nunha antiga presa de regadío ou camping.

Haberá tambén actividades infantís, cabaret no Bosque da Lingua e rutas polo monte.

Tracking Pixel Contents