Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Educación

Semana da Ciencia no Cova Terreña

A mostra de traballos e experimentos de Bioloxía, Física, Tecnoloxía e Matemáticas pódese visitar este luns, día 25, pola tarde

Alumnado e docentes nunha visita á exposición de traballos. | FDV

Alumnado e docentes nunha visita á exposición de traballos. | FDV

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Redacción

Baiona

Un estudo sobre os teléfonos móbiles ou rampas de bólas para explicar leis da Física son algunhas das propostas máis novidosas da VI Semana da Ciencia do CPI Cova Terreña de Baiona que se desenvolve desde este mércores ata o que vén, día 27. A mostra inclúe traballos sobre enerxías renovables, tipos de células ou sobre os órganos do corpo humano entre outros moitos temas de Bioloxía, Física, Tecnoloxía ou Matemáticas, aínda que tamén interveñen materias como Lingua, Arte ou mesmo inglés.

Son proxectos eleborados ao longo do curso que as familias poderán visitar este luns, día 25, pola tarde para coñecer esta forma de traballo que lle outorga protagonismo á rapazada. O profesorado agarda que «con esta experiencia, non só aprendan, senón tamén desfruten da ciencia».

Tracking Pixel Contents