Patrimonio etnográfico
Gondomar, a terra dos 87 muíños
Son ducias as ruínas daqueles puntos de moenda e de encontro repartidas por todas as parroquias do municipio e Manifesto Miñor propón facer un inventario e recuperalos

Imaxe dos Muíños de Groño, en Morgadáns. / M.M.
Danlle nome a barrios enteiros coma o que se ubica en Vincios e foron lugares capitais para a cidadanía hai tan só unhas décadas. Os muíños tiñan unha función decisiva na alimentación e na actividade económica galega e tamén na social e na cultural. «Unha noite no muíño/ unha noite non é nada/ unha semaniña enteira/ esa si que é muiñada», di o cancioneiro popular. En Gondomar son ducias, non hai un rexistro oficial pero Manifesto Miñor contabiliza 87, «se ben é certo que dalgúns apenas quedan sinais ou simplemente só quedan reflectivos na toponimia», explica o seu voceiro, Antonio Araúxo. Para poñelos en valor, a formación política faille unha proposta ao goberno municipal. No vindeiro pleno, previsto este martes, día 12, pedirálle a elaboración dun inventario para catalogalos, restaurar os que se poda e organizar rutas para visitar algúns deles, «para que as novas xeracións podan ver o seu funcionamento, só se conserva e respecta aquelo que se coñece», explica o seu voceiro, Antonio Araúxo.
Afirma o concelleiro da oposición que son poucos os que seguen funcionando, case sempre grazas ao compromiso e amor dos seus propietarios ou herdeiros, que mesmo os poñen a disposición de escolas e visitantes. A maioría, afirma, rondan os 200 anos de antigüidade, pero tamén os hai máis antigos, algúns deles citados no Catastro do Marqués da Ensenada (1752-1753), polo que «é de supoñer que terán máis de 300 ou 400 anos», sinala Araúxo.
«Estamos a falar dun importantísimo patrimonio inmaterial que leva incorporadas historias, lendas, tradicións, etc. que cómpre recuperar en toda a súa dimensión», engade.
Por todo iso, Manifesto Miñor insta ao goberno municipal de Gondomar a traballar en colaboración coa veciñanza das parroquias, coas entidades veciñais, coa Entidade Local Menor de Morgadáns, así como coas institucións galegas encargadas de mirar polo noso patrimonio para inventariar, restaurar e divulgalo.
Suscríbete para seguir leyendo
- Un vigués pide el indulto para su hermana, condenada en A Lama a seis años de prisión y diagnosticada de TEA tras los hechos
- La familia de una joven que sufrió un traumatismo craneoencefálico grave reclama al Sergas ampliar la rehabilitación
- Una boda de altura, mucho baile, visita a Urgencias y una luna de miel sobre ruedas
- Giro del Supremo con los proyectos eólicos paralizados: el tribunal ya no garantiza el derecho a conectarse a la red
- Así será el futuro hotel balneario de As Caldas, con categoría 5 estrellas, vistas al Miño, servicios de salud termal, ocio y restauración
- Irlanda certifica que los parques eólicos pueden «convivir» con nasas o palangre pero lo descarta con redes de arrastre
- Radiografía de los centros comerciales de Vigo: entre la plena ocupación y la reinvención para buscar un punto de inflexión
- Un juez de Vigo da la razón a una vecina y anula una sanción por cambio de uso de trastero a vivienda sin licencia