Cultura
Os Maios regresan a Baiona o domingo con dúas estreas musicais
Moncho Pazos e Moncho Soto son os autores de «Maio rebuldeiro» e «Pasarrúas dos Maios»

A Festa dos Maios de Baiona, o ano pasado en Santa Liberata. | PABLO HERNÁNDEZ GAMARRA
Volveron percorrer as rúas baionesas o ano pasado da man dun grupo de amigos que recuperaron unha tradición esquecida ao longo de medio século e volverán facelo este domingo, día 3 de maio, organizados xa por Movemento Veciñal (MOVE) Baiona. Os Maios están chamados a regresar ao calendario cultural da vila miñorá e para darlle máis pulo contarán nesta ocasión con dúas estreas musicais pensadas para fomentar a participación e o sentimento de pertenza.
«Maio rebuldeiro», de Moncho Pazos, e «Pasarrúas dos Maios de Baiona», de Moncho Soto», son as dúas pezas musicais que a veciñanza baionesa poderá escoitar por primeira vez arredor do maio que prepara a asociación, que onte convocou un ensaio no adro de Santa Liberata que tivo que trasladarse á casa da comunidade de montes pola tormenta. A elas se sumarán outras coplas recuperadas por MOVE tras entrevistar a xente maior da localidade e, por suposto, soará o retrouso máis coñecido na vila: «Maio florido/cheo de rosas/aí ven o San Xoán/ que as trae máis fermosas».
Todas as veciñas e veciños están convidados a unirse á comitiva, vestidas de branco e con adornos florais, e a cantar e bailar en cada parada. O grupo sairá en torno ás 11.00 do Camiño Parede Nova cara o Barrio da Anunciada. Logo baixarán ao de San Xoán e de alí dirixiranse á Praza do Concello, onde ás 13.30 entoarán as coplas con quen queira unirse á festa.
- El metal de Pontevedra cierra un preacuerdo «histórico» con un alza salarial del 15%
- Cómo construir un nido artificial para aves urbanas: la recomendación de la la Sociedad Española de Ornitología para convivir con los pájaros
- Los sindicatos analizan la «nueva propuesta» de las patronales: se abre la puerta a un acuerdo en el metal
- La Comisión Europea plantea que los aeropuertos de Oporto y Santiago no puedan ofrecer ayudas a las aerolíneas
- Buscan a una mujer de 53 años desaparecida este pasado martes en Vigo
- Vuelve la Farola y vuelve el Acrópolis
- Muere un conductor de 27 años en una salida de vía en Sandiás
- El talento sobresale en las comarcas con catorce matrículas