Patos, capital galega da educación pola paz
Ducias de mestres participan no Encontro Galego-Portugués de Educadores/as pola Paz ao que a Xunta lle retira o apoio por primeira vez en 40 anos por estar adicado a Palestina

Un momento da xornada inaugural do encontro docente centrado en Palestina. | FDV
Hai 40 anos que a Residencia de Tempo Libre de Patos acolleu aquelas primeiras reunións que xermolaron no que hoxe se coñece como o Encontro Galego-Portugués de Educadoras/es pola Paz, que xa é unha cita anual na axenda de ducias de mestres a un e outro lado do Miño. Nesta trixésimo terceira edición das xornadas que organizan Nova Escola Galega e Ponte nas Ondas regresan ao mesmo escenario e fano con polémica. Por primeira vez na súa historia, a Xunta de Galicia retiroulles a homologación porque «non cumpren co principio de neturalidade ideolóxica establecido na resolución do 5 de xuño de 2025» Cal é a razón? Que se escolleu Palestina como exemplo central para falar de «Educar na vida en tempos de xenocidio».
Nesta ocasión, o encontro ten o obxectivo de «desafiar o avance dunha cultura global cada vez máis investida na violencia cultural e estrutural, sendo o cerco a Palestina o exemplo máis visible, senón o máis cruento», explican desde a organización. O que se prentende, subliñan, «é que as persoas participantes se sumen a un espazo único de convivencia e de construción colectiva de alternativas educativas que fomenten a non violencia e a paz, para parar a ocupación colonial, a destrución, o desterro, a privación dos dereitos humanos máis básicos e, en definitiva, o xenocidio produto da ideoloxía da supremacía cultural presente non só no proxecto sionista para Palestina senón no Norte Global en xeral».
Amais dos docentes de todos os niveis académicos, nesta xuntanza estarán presentes activistas como a gazatí Sara Ashour, egresada da Universidade de Santiago, ou o oftalmólogo cisxordano Mohamad Safa.
O Concello de Nigrán colabora coa organizacióne o seu alcalde, Juan González, amósase «moi orgulloso de que Nigrán defenda e sexa o berce destas iniciativas que buscan un mundo máis xusto, igualitario e libre de violencias, porque como promulgamos desde o Concello, en Nigrán non somos indiferentes ao que está a acontecer no mundo e en Palestina en concreto», afirma. Pola mesma razón, o rexedor censura a decisión da Xunta de non homologar os encontros. «Avergóñame moito a resposta da Xunta porque deixa claro que pon trabas a que os docentes eduquen en valores e fomenten a empatía e o respeto universal aos dereitos humanos. Que tipo de cidadáns pretenden formar? Que problema hai en abordar na escola a situación de violencia e de xenocidio? A súa xustificación si reflexa unha ideoloxía e un modo de actuar do máis reaccionario», defende.
Suscríbete para seguir leyendo
- Comerciantes y hosteleros empiezan a pagar cuotas voluntarias de 50 euros para el contencioso contra la subida de la basura
- Armón Vigo se estrena en buques militares con la botadura del «HMS Sälen», el primer barco para la Armada de Suecia
- El baile de sillas en la Xunta se atasca: más de 2.100 empleados deben tomar posesión pero hay déficit de plazas para los grupos A1 y A2
- Lista abierta para el adiós en Balaídos
- La CIG mantiene las movilizaciones en Vigo pese al preacuerdo en el metal: éstas son las calles afectadas por la manifestación del martes 19
- «Hemos formado gente, pero faltan empresarios dispuestos a contratar personal»
- El Gobierno cederá capacidad pesquera a los jóvenes que quieran dar de alta un barco para emprender en el mar
- CC OO y UGT ratifican el preacuerdo del metal de Pontevedra en sus asambleas