Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Literatura

«Polo avieiro de dona Emilia» afonda na etapa de Pardo Bazán no Ribeiro

Carlos Méixome presenta o libro, editado por Galaxia, hoxe en Gondomar

Méixome, co novo libro que presenta hoxe ás 20.00 na Tapería O Cuco.

Méixome, co novo libro que presenta hoxe ás 20.00 na Tapería O Cuco. / Alba Villar

Gondomar

O hidrotopónimo que inventou Pardo Bazán coa mestura dos ríos Avia e Arenteiro serviulle a Carlos Méixome como punto de partida de «Polo avieiro de dona Emilia». O historiador e escritor nado en Lalín, criado no Carballiño e afincado en Gondomar recupera neste último libro as memorias da súa infancia e mocidade arredor da triloxía ribeirá de Pardo Bazán —«El cisne de Vilamorta», «Los pazos de Ulloa» e «La madre naturaleza»— e do seu universo. O libro, editado por Galaxia, preséntase hoxe ás 20.00 na tapería O Cuco da vila miñorá.

Experto na investigación da represión no sur de Pontevedra con publicacións como «Catas na memoria. A persecución franquista no Val de Miñor» de 2021 ou «O terror das Tebras e outras catas na memoria» do 2022, Méixome non deixa de ofrecer neste traballo datos históricos que pescudou no arquivo do Concello do Carballiño, no rexistro civil, no Arquivo Provincial de Ourense ou no Arquivo Histórico da Universidade de Santiago, amais da prensa do momento. «Isto é unha egohistoria, cando o o historiador vai elaborando elementos históricos a partir da súa propia vida. Cando tiña 16 ou 17 anos mandáronme ir a aquela casona Quiroga onde dona Emilia celebraba os aniversarios, o 16 de setembro, coincidindo coa feira grande do Carballiño e co inicio da vendima. Ela describe todo iso na súa obra que eu vivín case un século despois».

Foi no confinamento cando Méixome argallou a obra. «Relendo a Pardo Bazán veume á memoria aquela etapa dos anos 70 no Carballiño», explica. E foi unindo a súa historia persoal coa da literata nestas 560 páxinas prologadas por Gonzalo Navaza, que tamén reservan dous capítulos para o Val Miñor, onde se gravou boa parte da serie sobre «Los pazos de Ulloa», no pazo do conde de Gondomar.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents