Cultura
O XIX «Dar de ler coma quen dá de beber» abre a Semana do Libro en Gondomar

Concerto de Paco Nogueiras, celebrado na Semana do Libro e a Lectura do ano pasado.
Redacción
A xa tradicional Semana do Libro e da Lectura da asociación Espazo Lectura regresa á axenda cultural de Gondomar con actividades para todas as idades, a principal delas hoxe mesmo. O XIX «Dar de ler coma quen dá de beber», unha sesión de lecturas compartidas en voz alta, desenvolverase este mediodía, de 12.00 a 14.00 horas, na cafetería Keik.
Cada participante elixirá un fragmento da obra literaria que desexe para compartir cos demais neste encontro que conmemora o Día do Libro por adiantado.
A programación continúa mañá luns co Contomar ás 18.00 na Casa da Lectura, onde actuará Pakolas co espectáculo «Rockeando coa Ramona Pequena». Alí mesmo se celebrará o mercores 22 unha sesión de dinamización lectora para nenos de entre 3 e 10 anos, co actor e narrador Tone Martínez e o show «Entre bechos anda o conto», da compañía Galeatro.
O venres 24, tamén na Casa da Lectura haberá unha sesión especial de Contos en Cueiros ás 18.00 para bebés de 0 a 3 anos e as súas familias e para a que se precisa inscripción previa.
Na biblioteca
Tamén están previstas actividades na biblioteca municipal de Gondomar. O martes 21 ás 20.00, terá lugar unha sesión do club de cómic Lecturas Debuxadas sobre «O eco dos días rotos» (Demo Editorial), de Alberto Taracido, e o propio día do libro, o xoves 3, á mesma hora, reuniranse os integrantes do club Sete Vidas para falar de «Pifostio» (Xerais) co seu autor, Samuel L. París..
As actividades rematan o sábado 25 de abril cun roteiro literario do club Lendo Contigo pola parroquia de Cans, no Porriño, coa escritora Iria Misa arredor da súa obra «A excursión a Cans. Unha veciña de película» (Xerais). Á tardiña, os mozos e mozas do Comando Le reuniranse na Casa da Lectura coa escritora, narradora e actriz Paula Carballeira.
- Ya está el calendario escolar 2026-2027 en Galicia: fechas de inicio de curso, vacaciones y claves para la conciliación familiar
- El metal de Pontevedra vuelve a la calle por su convenio: primera jornada de huelga
- Muere Constantino Rodiño, el alma del restaurante Casa Rodiño de Meaño a los 57 años
- Una puja judicial de récord en Vigo: subastan un piso en la calle Rosalía de Castro valorado en más de un millón de euros
- Sanidade descarta que la niña de once años de Ourense falleciese por meningitis
- El copropietario de Vegalsa estrena su primera promoción inmobiliaria con 14 viviendas en Vigo y ultima dos más de alto diseño en la ciudad
- Recupera 400 euros perdidos en el Álvaro Cunqueiro tras ser localizada por las cámaras la persona que los cogió del suelo
- Cucarachas en la cara, en la cocina y en la bañera en el Barrio das Flores, en Vigo: «Es insufrible»