Novo «reality»
Dous cabalos de pura raza da Groba cruzan Galicia para unha serie da TVG
Farruco e Grelo galopan co seu criador, o baionés Adrián Martíns, para amosar historias e personaxes de lugares singulares en oito capítulos

Adrián Martíns e Rubén Díez, Lethal Crysis, á súa chegada onte ao mosteiro de Oia, onde os esperaba unha chourizada para despedir a fin da viaxe a cabalo por Galicia. | PEDRO MINA
Hai tres anos que Adrián Martíns saía da súa vila, Baiona, con Galo e Grelo, dous dos seus cabalos de pura raza galega da Serra da Groba, para dar a coñecer por España adiante a singularidade etnográfica dos garranos —unha subespecie equina preparada para resistir a vida baixo o ceo dos montes do Val Miñor e do Baixo Miño e para subsistir cun alimento tan rudo coma o toxo— e facer un documental que divulgase a cultura arredor dos curros e da cría de gando en liberdade. Agora a experiencia convértese en «reality show» nunha serie que grava para a TVG da man da productora Tamboura Films. Galo morreu e agora é Farruco o que fai parella con Grelo nesta aventura de oito capítulos por lugares singulares das catro provincias galegas nos que estes tres viaxeiros coñecerán personaxes interesantes e contarán moitas historias.
Adrián é o primeiro criador de cabalo de pura raza galega e fundou o seu proxecto, Finca Moreiras, alá polo 2020 en Viladesuso (Oia), para preservar o pedigrí dos animais que ama desde que naceu e que «lle aportan tanta riqueza cultural e etnográfica á sociedade miñorá desde hai máis de 4.000 anos, formando parte da nosa identidade», explica. Desde alí ten ofrecido estes anos terapia equina e rutas a cabalo pola contorna da Serra da Groba, Galicia e Portugal.
Pero a súa paixón polo cabalo non ten límites e tamén forma parte como líder de expedicións ecuestres de «Ojo de nómada», a canle do seu amigo Rubén Díez, o youtuber coñecido como Lethal Crysis, documentalista e viaxeiro polos recunchos máis senlleiros do mundo con 5,8 millóns de seguidores.

Adrián Martíns co seu amigo Rubén Díez, o youtuber Lethal Crysis, e un dos cabalos da viaxe, diante do mosteiro de Oia. / Pedro Mina
Con el fai «viaxes de exploración para coñecer culturas ecuestres» e visitou sitios únicos en Marrocos, Ecuador, Islandia, Casaquistán, Arxentina ou Suráfrica, entre outros países. «O caso é que eu coñecía case todo o mundo a cabalo pero non coñecía ben a miña terra a cabalo», subliña, «así que buscamos facelo tamén amosando a amabilidade e a hospitalidade da xente galega».
Dous episodios en cada provincia
O programa contará lendas e datos curiosos e descubrirá personaxes de interese de lugares pouco coñecidos da xeografía galega, con dous episodios en cada provincia. As gravacións achegáronse a Ourense, onde a expedición saiu de Trives cara a Manzaneda percorrendo a montaña e Vilariño de Conso, «con parada en Cepedelo, a aldea habitada máis alta de Galicia», conta o protagonista. En Lugo, comezaron por Vilalba en dirección a Mondoñedo para rematar en Rinlo, xa na Mariña. No caso da Coruña, a viaxe foi ata Ortigueira, San Andrés de Teixido «e toda a costa ártabra».
A provincia de Pontevedra pecha as rodaxes e onte mesmo tivo lugar en Oia a xornada de despedida. Adrián , Farruco e Grelo visitaron os muíños do Folón e do Picón no Rosal. Cando se dirixiron á Serra da Groba atopáronse con Rubén Díez, que os agardaba para darlles unha sorpresa e acompañalos ata o mosteiro oiense. No adro da igrexa monacal foron recibidos con música tradicional e cunha chourizada para despedir á viaxe.
Foi unha experiencia «moi gratificante», contaba Adrián no medio da festa. «Non só coñecín xente moi interesante senón que gocei da súa xenerosidade», comentaba tras este roteiro sen diñeiro e sen tecnoloxía pensado para desfrutar da natureza que temos ó pé da casa e da calidade humana que nos rodea. Está previsto que a serie se emita en xullo.
Suscríbete para seguir leyendo
- No cojas pájaros del suelo: la Sociedad Española de Ornitología recuerda lo que debes hacer si encuentras una cría fuera de su nido
- Dos jóvenes de Cangas denuncian por estafa al propietario del piso que habían alquilado en la villa
- El puzle para crear una nueva gran zona residencial protegida en Vigo encaja otra de sus piezas: la Xunta somete a evaluación ambiental un segundo PIA en Lavadores
- Los chiringuitos baten otro récord en Nigrán: más de 16.000 euros al mes en Panxón y Praia América
- Denuncia al exnovio de su hija por la okupación de su casa y su bajo comercial para abrir un negocio en Moaña
- Muere el patrón de una embarcación de recreo en Chapela al caer al mar, mientras su lancha seguía navegando sin rumbo
- El metal vuelve a salir a la calle en Vigo: estas son las zonas afectadas por la manifestación de este miércoles
- Localizan en una casa okupa de Vigo a la mujer que iba en el coche en el que se produjo el supuesto rapto del hombre que apareció con una paliza en Meira