Cultura
Casares xa ten un lugar a carón da biblioteca de Nigrán
O autor que elexiu o municipio como fogar ocupa o segundo chanzo da escaleira da praza cunha frase que resume a súa relación coa literatura: «En realidade, gústame congar o mundo máis que pensar nel»

A familia do escritor e o alcalde descubriron onte o chanzo de Casares na Praza da Biblioteca. / FdV
En Nigrán, moi preto da que foi a súa casa no barrio de Vilariño, hai un colexio que leva o seu nome. Tamén ten unha praza na Ramallosa e un itinerario cultural que repasa os seus títulos máis emblemácos en lousas de granito ao longo de douscentos metros do paseo marítimo de Panxón. Carlos Casares fixo do municipio o seu fogar nos seus últimos anos de vida e os seus restos descansan no cemitero do Ceán. Todas as homenaxes son poucas para o Concello, que vén de adicarlle un chanzo na escaleira da Praza da Biblioteca, o segundo tras o de Alfonso Álvarez Cáccamo. Como non ía estar presente xusto alí? Hakan Casares, fillo do escritor, e o alcalde, Juan González, inauguraron onte o paso de granito no que se grabou «En realidade, gústame contar o mundo máis que pensar nel».
A Fundación Carlos Casares elixiu esta frase porque condensa relación do escritor coa literatura, coa realidade e cos lectores. Non pertence a ningún libro en concreto, pero repetiuna moito ao longo da súa vida en entrevistas e conferencias. «Resume ben unha das claves da súa obra: a vontade de observar o mundo con atención, comprendelo dende a experiencia concreta e devolvelo transformado en relato, en memoria e en palabra compartida. Fronte a unha visión abstracta ou afastada da cultura, Carlos Casares reivindica aquí o valor de contar: narrar a vida, facela próxima, facela comprensible e humana. A lectura e a escrituraaparecen así non como exercicios alleos á realidade, senón como formas de habitala, interpretala e transmitirlla aos demais», comentou o seu fillo durante o acto. O alcalde subliñou que «indubidablemente, nesta escaleira da Praza da Biblioteca o gran Carlos Casares tiña que ter un chanzo. El é seguramente un dos veciños máis ilustres e queridos que tivo Nigrán e, por descontado, unha referencia da literatura e da cultura galega».
O descubrimento do chanzo tivo lugar pouco antes da gala de entrega dos premios do concurso escolar de relato curto «No camiño das artes» que organizan o Concello de Nigrán e a Fundación Carlos Casares para dar a coñecer a súa figura. O título desta cuarta edición do certame foi «Lolo en bicicleta, por Nigrán fai volteretas», en referencia ao libro que publicou o autor en 1996. Os cinco primeiros clasificados recibiron cadanseu lote de libros e houbo diplomas para todos os participantes.
Suscríbete para seguir leyendo
- No cojas pájaros del suelo: la Sociedad Española de Ornitología recuerda lo que debes hacer si encuentras una cría fuera de su nido
- Hallan con vida a la vecina de Beade desaparecida desde el domingo por la tarde
- Nuevo paso para que se pueda viajar en AVE desde Galicia a otras comunidades del Norte sin pasar por Madrid
- La reapertura del policlínico Cíes lleva ocho meses paralizada a la espera de una autorización de la Seguridad Social
- La ambiciosa transformación de la avenida de Madrid de Vigo alcanza uno de sus hitos: «Ahora empezará lo más visible»
- Muere el patrón de una embarcación de recreo en Chapela al caer al mar, mientras su lancha seguía navegando sin rumbo
- Una plantilla de 70 personas, entre ellos 30 socorristas, se ocupará este verano del parque acuático y complejo de Monterrei
- «Las primeras medidas para reducir las bajas laborales irán este mes. Estoy seguro de que bajarán las cifras»