Iván e Amaro Ferreiro e Agaela, premios Nigrán
O Concello recoñece tamén o colexio Ángel de la Guarda, o restaurante Queimada e a árbitra de balonmán Cristina Fernández Piñeiro

Amaro e Iván Ferreiro / Gustavo Santos
Non só polos 35 anos de carreira musical que celebraron o ano pasado, senón sobre todo por residir e facer de auténticos embaixadores do municipio alá onde van. Os irmáns Iván e Amaro Ferreiro recibirán o premio Nigrán no eido cultural. Os artistas comparten distinción este ano coa Asociación Galega de Afectados de Esclerose Lateral Amiotrófica (Agaela) no ámbito social e co colexio Ángel de la Guarda no apartado educativo. O hotel restaurante Queimada será recoñecido pola súa traxectoria empresarial e a árbitra de balonmán Cristina Fernández Piñeiro pola deportiva. Todos eles poderán recoller o seu galardón o vindeiro 21 de marzo na gala prevista no auditorio municipal ás 20.00.
A xunta de voceiros municipais acordou esta semana, de xeito totalmente consensuado, a lista das persoas e entidades que este ano contarán coa máxima distinción do Concello de Nigrán e que será refrendada pola Corporación en pleno o día 3 de marzo.
Chega a décimo terceira edición destes premios institucionais que pretenden recoñecer publicamente o traballo da xente e dos colectivos «que co seu traballo, constancia e esforzo contribúen a por en valor a Nigrán, facendo del un municipio máis amigable e do que sentírmonos orgullosos», explica o alcalde, Juan González. E se unha entidade destaca por todo iso é Agaela, que loita por visibilizar a enfermidade e as necesidades dos enfermos. Atende a máis de 160 familias cada ano e conta xa con 635 persoas socias. A asociación contaba na súa directiva coa recentemente falecida Susi Seoane como vicepresidenta, quen traballou 22 anos no Concello de Nigrán como axente de emprego e desenvolvemento local ata que foi diagnosticada en 2021. Ela foi cara visible da ELA e da loita por unha lei específica, aprobada pero aínda sen dotación orzamentaria.

Susi Seoane, recientemente fallecida. / Jose Lores
Un dos grandes himnos da música indie española, «Turnedo», con Praia América como telón de fondo e outros moitos méritos xustifican o premio Nigrán cultural para os irmáns Ferreiro._Iván foi líder da histórica banda viguesa Los Piratas, unha das máis influentes do pop-rock en España de 1990 a 2004. Agora tocan xuntos habitualmente e manteñen traxectorias en solitario como músicos de referencia en todo o estado.
O recoñecemento deportivo será para Cristina Fernández Piñeiro, a primeira muller en dirixir partidos de competición europea. Pitou seis finais da Copa do Rei e retirouse cao disputa da Supercoba Asobal no ano 2007. Na actualidade é a delegada europea de arbitraxe da EHF ademais de ser moi coñecida no entorno polo seu traballo como mestra no CEIP Humberto Juanes e por ter sido candidata á Alcaldía polo BNG.
O premio empresarial recollerano este ano Rogelio Comesaña e a súa familia, á fronte do hotel restaurante Queimada en Parada. Inaugurárono seus pais Luciano e Isolina no 1973 como furancho e agora a terceira xeración da familia, Lorena e Adrián, está a cargo da xestión, xa con 27 cuartos e 2 estrelas. Recentemente ampliaron o negocio co hotel Val Convention e a cafetería Coffee Land no centro de Nigrán. Teñen unha trintena de empregados e o recoñecemento destaca o papel da familia no desenvolvemento turístico de Nigrán.
O colexio concertado Ángel de la Guarda funciona en Priegue desde 1967 da man de María Luisa Valverde. Na actualidade suma máis de 300 alumnos e mantén a filosofía da educación en contacto coa natureza e o compromiso co municipio. Por todo iso será distinguido co premio Nigrán ao mérito educativo.
Suscríbete para seguir leyendo
- La otra represalia de EE UU contra España: el adiós al caladero de Boston para 70 pesqueros gallegos
- Cierra la cadena de panaderías Porto, con obrador en Vigo y media docena de despachos
- Álex Calvo, vigués residente en Dubái: «Lo único que escuchamos son ruidos, como fuegos artificiales»
- «Cuando un niño te abraza y llora porque te vas, no hay palabras para describirlo»
- Rías Baixas quiere congelar la producción de uva ante el desplome del consumo
- Vigo cierra al tráfico Torrecedeira desde y hacia Praza da Industria por la reconstrucción de un pozo
- Tres heridos en un accidente con cuatro coches implicados en la VG-20 en Matamá
- La RFEF contempla más renuncias de sedes para el Mundial 2030: Vigo y Valencia ganan enteros para estar presentes en la cita