Historia
Homenaxe ao mestre Roade
O profesor veterano de Nigrán retrata o sistema educativo da posguerra nun documental

Antonio González Roade, no centro, nun encontro con exalumnos dos anos 50 aos 70 do pasado século. |
«Era unha época moi dura porque a min enseñáronme (sic) a que enseñase (sic) a obedecer». Antonio González Roade lembra con amargura a dureza do sistema educativo da posguerra no documental que o Concello de Nigrán produciu arredor da súa figura para deixar testemuño do ensino daquela época no Arquivo Histórico Audiovisual, no marco do proxecto «Nigrán na memoria» que xa ten recollido representantes doutros oficios. El foi un mestre «especial» para a época, tal e como o describen algúns dos seus alumnos na reportaxe de 36 minutos que se estrea mañá venres 6 ás 18.00 no cine municipal da Ramallosa. A entrada é de balde e ao rematar a proxección abrirase un coloquio co protagonista, que ademais é o pai do alcalde, Juan González.

A súa clase na escola Damas Apostólicas da Ramallosa. |
Con 90 anos, Roade é o veterán da profesión no municipio e lamenta ter botado man dos castigos daquel tempo.Confesa con pesar que a súa axudante «era unha vara de bimbio», pero na memoria dos alumnos que pasaron entre os anos 50 e 70 do pasado século pola súa clase na escola das Damas Apostólicas da Ramallosa prevalece o cariño que lles daba. «Recordo que xogaba con nós no recreo, ás canicas (sic) ou ao fútbol», conta un deles no documental.
O sentimento é mutuo. «No matrimonio coa miña muller tiven catro fillos, pero coas Damas Apostólicas del Sagrado Corazón tiven 52», relata emocionado ante a cámara. Foi a súa «lotería máis grande» telos formado e ter dado clase no seu concello, a pesares das dificultades da época, con medio cento alumnos de todas as idades que «viñan a pé desde Parada, Belesar ou San Cibrán» para aprender nunha aula que fora un cortello e tiña capacidade para vinte persoas. Máis adiante traballou na Academia Delta de Nigrán e na derradeira etapa ata a xubilación, no colexio Divino Salvador de Vigo.
«Seguimos a documentar as tradicións, oficios e costumes que forman parte do noso patrimonio inmaterial. Neste caso propuxéronme documentar ao meu pai por ser o mestre veterano de Nigrán e quen pode explicar en primeira persoa como era o sistema educativo de posguerra, ese é o obxectivo, render homenaxe a todo ese profesorado», explica o rexedor. n
Suscríbete para seguir leyendo
- Un colegio de Vigo, entre los 100 mejores de España según la revista Forbes
- «La generación Z consume menos alcohol porque encontró una droga nueva: la tecnología»
- Sorprendidos manteniendo relaciones sexuales dentro de un coche en el aparcamiento de un supermercado de Redondela
- La hélice del crucero «Spirit of Discovery» quedó al aire frente a la costa gallega: hubo un fallecido y más de 100 heridos
- Cortes de tráfico en Vigo: el Celta - Lyon y la llegada de aficionados franceses alterarán la circulación
- Panxón estrena el mayor camping de autocaravanas de Galicia con visitas de siete países
- Una mujer «Spider-Man» que trae de cabeza en Moaña
- Borja Iglesias responde al seguidor del Deportivo que le pidió la camiseta que el Celta lució en el homenaje a Madonna