A Moura está de estrea
O grupo de teatro de Chaín presenta este sábado a obra «Malos hábitos» no centro cultural A Merced

Parte do grupo de teatro A Moura de Chaín, nun ensaio de «Malos hábitos». / Pablo Hernández Gamarra
Dúas monxas, un cura e un acólito nunha comisaría da Policía. Dúas axentes dispostas a dar coa verdade do asunto. Unha comedia de enredo coas risas garantidas e un elenco de intérpretes non profesionais que exprimirán o guión ata a última gota para divertir ao máximo ao público. O grupo de teatro A Moura estrea obra este sábado, día 29. «Malos hábitos» é o título escollido polo equipo que dirixe Fátima Granja, un dobre sentido que constitúe toda unha declaración de intencións.
A esperada cita será este sábado, día 29, ás 20.00, no centro cultural A Merced de Chaín, o mesmo que veu nacer e medrar este grupo veciñal ata converterse en toda unha compañía cunha chea de seguidores. «A xente leva tempo preguntándonos cando estreamos, hai unhas expectativas que esperamos cumprir», chancea a alma mater deste proxecto que o ano que vén fai quince anos. Haberá que celebralo.
Polo momento, farano coa estrea desta nova peza que fai a sexta montaxe desta agrupación que comezou con adaptacións de textos como «A tía Lambida» de Eduardo Blanco Amor e de seguida se encamiñou cara as creacións propias con grande éxito. Algunha das súas xiras sumou ata 37 funcións. «Estivemos dous anos levando unha obra por Pontevedra e algunha localidade da Coruña. Había fins de semana que actuabamos venres, sábado e domingo», lembra Granja.
«A xente leva tempo preguntándonos cando estreamos, hai unhas expectativas que esperamos cumprir», chancea a directora do grupo
Agora xa precisaban estrear. «Cando levas moito tempo representando a mesma peza —como pasou coa última, «O vestido de noiva»— xa non a ves tan simpática», explica a directora, que se encarga de escribir os textos. A esa base á que ela lle dá forma «cada membro do equipo apórtalle a súa personalidade e mellora moitísimo, sempre desde a perspectiva de buscar a risa do público de todas as idades e condicións. Creamos entre todas e funcionamos moi ben porque hai moito respecto, apoio e tamén moita diversión».
Diversión
Os ensaios do grupo son cáseque sesións de terapia para as actrices e actores. «Pasámolo moi ben. Ás veces acabamos escachando coa risa», comenta divertida Granja. Velaí o segredo do éxito deste grupo afeccionado que agardan xa moitos centros culturais e auditorios da provincia.
A xira quedará para a primavera. As artistas teñen agora por diante a tempada de rondallas e, a continuación, o Entroido. Moito que bulir. Organizan xa para marzo e abril as funcións solidarias para axudar a rapaces con enfermidades raras da comarca e logo actuarán alá onde as chamen.
Suscríbete para seguir leyendo
- Beatriz Fernández (27 años): «Tuve que renunciar a mucho y adaptar mi vida para conseguir ser jueza»
- Un ciclón llega a Vigo: vientos de más de 80 kilómetros por hora, lluvias fuertes y olas de hasta seis metros
- Retenciones en Vigo: varios autobuses de turistas portugueses complican el tránsito en Beiramar
- Estas son las tiendas y centros comerciales de Vigo que abren hoy, lunes 8 de diciembre
- El buque «Novaya Zemlya» descargará en Cuba tras el veto a hacerlo en España
- Vigo sella el contrato que le permitirá ejecutar su plan masivo de «humanizaciones» en 300 calles de la ciudad
- Vecinos denuncian la conversión de una discoteca en after hours
- El Concello de Vigo desembolsa ya casi 1.000 euros por vecino para sostener los servicios públicos