Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

In Memoriam / Ignacio Couñago Iglesias, «Sucho»

Sempre co obxectivo no ben común

Homenaxe dos compañeiros da rondalla, onte, no funeral na igrexa de Ventosela.

Homenaxe dos compañeiros da rondalla, onte, no funeral na igrexa de Ventosela. / B. Rodríguez

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Bruno Rodríguez

Vecino de Ventosela

Na era da internet, en pleno século XXI, vivimos rodeadas de redes sociais. Hai una rede social case para todo, unhna especialmente usada é o Linkedin, que serve de escaparate para os logros profesionais do usuario. Alí figura a súa traxectoria, méritos, recomendacións, novas relevantes do seu traballo e pretensións económicas tamén (en ocasión).

Na era da internet, en pleno século XXI non hai una rede social onde figuren os méritos do traballo asociativo, desinteresado e o ben común... Se houbese esa rede, se existise, Ignacio Couñago («Sucho» para quen o tratabamos) tería innumerables comentarios de xente de ben poñendo en valor o seu traballo na comunidade de montes, de augas, na AAVV, na conformación do bando de reis de Ventosela e en moitas máis iniciativas. Esas «reseñas» serían boas, moi boas, miles e miles de «Me gusta»... serían de practicamente toda a veciñanza que tivemos a sorte de traballar con el ou desfrutar do seu traballo. No apartado de pretensións económicas poría «ningunha», porque así era o traballo que durante moitos anos desempeñou Sucho na parroquia de San Martiño: desinteresado.

Hoxe no seu funeral os compañeiros e compañeiras e integrante da rendéronlle unha emotiva homenaxe no adro da igrexa. Un bando de reis no mes de xullo é una excepcionalidade, una cousa extraordinaria, como a pegada que Sucho deixa na parroquia. Descansa en paz, Sucho.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents