Día de Rosalía
Redondela falará galego todo o día a vindeira semana
O reto educativo «Unha semaniña enteira» implica o comercio e a hostalaría

Presentación do reto «Unha semaniña enteira» para fomentar o uso do galego, onte, no IES de Chapela. | FDV

Redondela pon en marcha o reto «Unha semaniña enteira», unha iniciativa impulsada polos institutos á que se suman o Concello e cada vez máis sectores da sociedade co motivo do Día de Rosalía.
Este reto promove o uso do galego oral durante as 24 horas do día, os sete días da semana, desde onte ata o vindeiro venres. Participa toda a comunidade educativa do municipio, tanto centros de Infantil como de Primaria e Secundaria. Para arroupar esta campaña o Concello distribuirá 3.500 chapas feitas pola Asociación Lenda de Saúde Mental, colectivo ao que a alcaldesa redondelá, Digna Rivas, agradeceu «a súa implicación dende o inicio e o seu compromiso co idioma».
Como en edicións anteriores é tamén moi significativa a participación dos clubs deportivos, que promoverán o uso do galego oral para darlle continuidade á campaña «xa que moitos alumnos e alumnas practican algún deporte nos equipos locais».
Rivas explicou que desde o Concello o obxectivo foi sempre implicar nesta campaña a distintos sectores da sociedade. Nesta ocasión déuselle un impulso ao galego no comercio, coa colaboración da Asociación de Empresas. Desta forma repartiranse 1.000 bolsas de papel co logo de Rosalía destinadas aos establecementos de Chapela, e tamén marcapáxinas e unha camelia.
Durante toda a semana, a hostalaría participante ofrecerá pratos relacionados con Rosalía, a súa obra ou inspirados na súa literatura. Os comensais que acudan a estes establecementos poderán optar a un sorteo do libro «Rosalía e a cociña».
A iniciativa «Unha semaniña enteira» foi presentada onte nun acto celebrado no instituto de Chapela coa presenza dos representantes municipais e dos centros educativos de todo o municipio e da Asociación de Empresas de Redondela. A programación contará con teatro, concertos, conferencias e charlas para a promoción da lingua galega.
- «Durante casi 30 años sufrí un dolor que ni en el parto y lo tenías que ocultar»
- Interceptado un conductor de patinete eléctrico en Vigo bajo los efectos de cuatro drogas diferentes
- Balbi, «una pequeña ferretería del deporte» que resiste en Vigo tras casi 40 años de historia
- Inditex refuerza su presencia en la rúa Príncipe con una gran tienda de Oysho
- Once conductores de Uber en Vigo se quedan sin el «título habilitante» para circular
- El astillero francés Piriou se adelanta a Freire por el pedido de dos oceanográficos para Indonesia
- Salgueiros perde a un mozo comprometido, cofundador de Vai Nela
- El IEO documenta dos nuevos ejemplares de peces globo potencialmente tóxicos en aguas de Cangas y Pontevedra que evidencian la «tropicalización» de Galicia