O Festival de Podcast de Galicia premia os contidos da Radio Municipal de Redondela
O programa «Antropop» que conduce Jaime Sánchez Oliveira recibiu o galardón «pola súa excelencia na aplicación de elementos sonoros para enriquecer a experiencia narrativa»

Jaime Sánchez e María Xesús Queimaliños. / R.M.R.
A.P.
Os primeiros premios de podcast galegos xa teñen gañadores. Entre os premiados, a Radio Municipal de Redondela recibiu dous galardóns. Por unha banda o xurado outorgou un dos premios ao programa «Antropop» que conduce Jaime Sánchez Oliveira «pola súa excelencia na aplicación de elementos sonoros para enriquecer a experiencia narrativa». A emisora local, dirixida por María Xesús Queimaliños, recibiu tamén un recoñecemento global a súa traxectoria. O premio ao mellor podcast nesta primeira edición do festival organizado polas Emisoras Municipais Galegas (Emuga) coa colaboración da Deputación da Coruña foi para «Universo nosso» do colectivo Brincarmos.
O programa «Antropop» presentado a concurso e no que Jaime Sánchez fai un percorrido musical pos rúas de Manchester recibiu o premio a «mellor deseño sonoro». Un espacio que dende hai máis de tres anos se emite os luns dentro do magacine «A Estación» e do que Sánchez Oliveira salientou, no momento de recoller o galardón, a sorpresa e satisfacción que supuxo recibir este recoñecemento «a un programa que ninguén escoita sobre música que a ninguén lle interesa». Todos os podcast desta serie poden descargarse na páxina web da Radio Municipal.
O xurado tamén considerou merecedora a esta radio local dun premio que recoñece a súa traxectoria pola inclusión na súa programación de numerosas colaboracións continuadas por parte da veciñanza que, unha vez emitidas nas ondas, son difundidas tamén a través da internet en formato podcast.
- Beatriz Fernández (27 años): «Tuve que renunciar a mucho y adaptar mi vida para conseguir ser jueza»
- Un ciclón llega a Vigo: vientos de más de 80 kilómetros por hora, lluvias fuertes y olas de hasta seis metros
- Retenciones en Vigo: varios autobuses de turistas portugueses complican el tránsito en Beiramar
- Estas son las tiendas y centros comerciales de Vigo que abren hoy, lunes 8 de diciembre
- El buque «Novaya Zemlya» descargará en Cuba tras el veto a hacerlo en España
- Vigo sella el contrato que le permitirá ejecutar su plan masivo de «humanizaciones» en 300 calles de la ciudad
- Vecinos denuncian la conversión de una discoteca en after hours
- El Concello de Vigo desembolsa ya casi 1.000 euros por vecino para sostener los servicios públicos