In Memoriam / ISABEL BLANCO FRANCO
Única e irrepetible

A avogada e escritora Isabel Blanco Franco. / RICARDO GROBAS
Roberto Mera Covas
Se a palabra «loitadora» tivera nome de muller, este sería Isabel Blanco. Ou «Currús», para as súas amizades.
Porque incluso por enriba do seu admirábel talento literario, musical ou oratorio, da súa excepcional intelixencia e competencia profesional como avogada, do seu activismo feminista, da súa ética persoal ou do seu amor pola cultura galega, Currús foi ante todo enerxía, optimismo e loita.
A enerxía como alma e materia que atesouraba no seu interior, o optimismo como atitude vital que a guiaba e lle marcaba o seu norte, e a loita como acción para transformar o mundo e enfrontar as adversidades: tamén a súa enfermidade. Só alguén coma Currús, cunha forza interior extraordinaria, podía ter desafiado a unha destrutiva doenza durante máis dunha década gañándolle, nese pulso sobrehumano, innumerábeis asaltos, mesmo en momentos críticos nos que calquera se tería rendido. Semellaba invencíbel, pero sabía que non era así. Por iso, até o seu pasamento antonte, Currús vivíu cada día non como se fora o último, senón como se fora o primeiro, conscente, co seu entusiasmo, de que era un día máis, e non un día menos, para escribir, emprender proxectos culturais, dirixir o comercio local, e, como non, deslumbrarnos coa súa capacidade innata como percusionista dando vida, en forma de ritmo, a calquera obxecto que se puxera nas súas mans.
Deixounos unha persoa única e irrepetíbel, das que tanta falta fan neste mundo que nos tocou vivir; un fenómeno da natureza humana, que coma un tornado liberaba e contaxiaba unha enerxía sen parangón. Non é necesario recorrer ao crente tópico de «alá onde esteas», porque Currús e o seu sorriso, que representaba o mellor da condición humana que ela encarnaba, seguirá estando dentro de nós, de quen tivemos a fortuna de coñecela e, agora, asumimos do seu legado o seu optimismo, enerxía e vitalidade para facer do mundo un lugar mellor. Até sempre «queridinha».
- Dos viajeras que perdieron un avión de Madrid a Bruselas por una avería del tren en Ourense no serán indemnizadas por el coste de los billetes adicionales para llegar a Bélgica
- Cierran tres negocios de Frutas Nieves en Vigo por el desahucio de un franquiciado, una situación inédita en sus más de 40 años
- La reconocida orquesta gallega París de Noia pierde a una de sus principales voces en la temporada de mayor actividad
- Trescientos pacientes del Chuvi reciben los primeros fármacos específicos para combatir las migrañas
- Gran espacio para aparcar, pero todavía sin limpiar
- «La dieta y el ejercicio son fundamentales en la menopausia y, para las que aun así tienen síntomas, hay tratamientos»
- La Asociación de Veciños de Tirán se posiciona contra la residencia de mayores de Moaña en O Carrachal
- María Corina Machado, de boda en Vigo