Entrevista | Rafa Martínez Líder do Caimán do Río Tea
«O rock caimán peta no peito, é dentes, sanghe e pelos»
Polifacético coma ninguén, sabe que se as cousas se poñen moi mal pode cruzar a Portugal

Rafa Martínez, líder do Caimán do Río Tea. / D.P.
—Este sábado presentan o seu novo disco.
Ten boa información. Este sábado 18, na sala JJ de Ponteareas, presentamos «Vou pa Portujal». Dende as 20.00 horas comezamos co novo vídeo da banda, dirixido por Sabela Mar, e firma de discos. Despois, ás 00.00 teremos un concerto onde estrearemos todos os temas.
—Eu pensei que xa non se levaba presentar un disco, con isto das plataformas de descarga e o tema dixital...
É que nós somos pouco de seguir as tendencias, senón seríamos tiktokers, e somos rockers, así que facemos discos.
—Discos coma os de antes?
Temos copia en dixital, descarga e tamén vinilo; a ocasión meréceo.
—Igual é unha noite de sorpresas.
É unha noite de ledicia con cartel de gran festa. Temos a Hijos de Puchini de abreconcerto e despois imos nós. Na presentación tamén vai colaborar Tonhito de Poi, que no disco fai a canción «Son do Mar», e María Reirís, que tamén colaborou coa canción «Todas queren seren coma ti». No disco tamén colaborou David de Moon Cresta, un luxo
—Cantas cancións son?
Dez cancións duns tres minutos cada unha. Son letras que falan de historias, anécdotas ás veces irónicas, facemos rock bravú do século XXI, unha etiqueta coma outra calquera pero que nos representa, xa se sabe, «non é o mesmo subir unha baixada que baixar unha subida».
—Levan moito traballando o que van lanzar?
Bueno, en realidade o disco gravouse en tres días, queríamos inmediación, dentes, uñas, vatios…. E iso só se consegue sen purpurina, sen autotune, e sen electrónica, o noso son as válvulas e tirarnos polo chan e mandarnos un barrigazo (salvándose dun golpe, claro). O rock caimán peta no peito, é dentes, sanghe e pelos. Gravámolo nos estudios LUFS.
—Iso soa, polo menos a Barcelona?
Son uns estudos que están en Celeiros, aquí en Ponteareas. Gravamos coa intensa supervisión de Damián Mo. O traballo soa espectacular, creo. A publicación faise co selo ferrolán Ferror Records, que ten unha aposta clara pola música galega
—No Caimán sempre foron catro, pero agora son cinco...
Si, temos un quinto caimán, Andrés, que está nos teclados e tamén se encarga de sons periféricos. É unha nova incorporación que lle vai gustar ao público. Completa a nosa formación «habitual», Diego, Miki, Mon e eu.
—Vostedes comenzaron no 91?
Nós comezamos no ano 91 na Feira Vella coa banda de catro compoñentes «O Caimán do río Tea e os moros que atacan a aldea», pero despois o nome reduciuse para que nos saísen máis baratos os pasquíns. Tivemos anos espectaculares, pero logo paramos. No 2014 volvemos para celebrar os vinte anos e no 24 fixemos un disco conceptual sobre Ponteareas «Sandsbridge lonely hearts club band» e agora, «Vou pa Portujal» un disco no que cada canción ten a súa historia cun maior gusto polo rock clásico, o blues e o soul.
—Pero pode dicirse que son xente «noventeira».
Totalmente, os bos tempos foron do 94 o 96, No 95 publicamos o primeiro disco, participamos na Unión Bravú e popularizouse o noso tema «Estou na lavadora» do Xabarín Club, para quen fixemos outro tema: «Ven a bailar...» e no 96 demos concertos por todo o país. Foi un ano espectacular, logo viu unha longa noite de pedra…
—E agora a música é o seu medio de vida?
Ningún de nós vive da música, pero despois de trinta en cinco anos case podemos dicir que vivimos pola música, senón, como iamos seguir? A enerxía que sentimos tocando xuntos é difícil de superar. Todos temos as nosas cousas, pero isto danos vida.
—E ten tempo para tocar, compoñer, ensaiar?
Hai que buscalo, hai quen segue o fútbol, anda en bici, fai meditación…. Nós facemos rock en galego e imos seguir ata que o corpo aguante.
Suscríbete para seguir leyendo
- Olalla, acogedora de dos hermanos con dedicación exclusiva: «Ni lo haces por ti ni por trabajo o vocación, es una forma de vida»
- El metal se consolida a la vanguardia de toda España en subidas salariales: así pacta la industria en comparación con otros sectores
- Gustavo, el joven que hace bailar a las estatuas de Ourense y convierte el Miño en río navegable
- Cuando el marisqueo deja de ser rentable: «Dejo el mar muy a mi pesar porque no hay ingresos, no por madrugar, el frío o el calor»
- Estudiante keniata llega a un pueblo de Ourense para revitalizar el rural con un 'hub' de innovación
- La historia de «Tocho», el vigués que lleva más de medio siglo pegado a una radio narrando el fútbol en la calle
- Dos acusados se enfrentan a 3 años de cárcel por apropiarse de 136.000 euros de la venta de una casa en Baiona
- La playa de Silgar: de las casas marineras a epicentro del turismo