Mos está roto
«A loita contra a violencia de xénero esixe máis coordinación, máis prevención, máis recursos e máis valentía política», escribe a rexedora de Mos tras o asasinato de María Belén Fernández

La mosense María Belén Fernández, la sexta víctima mortal de violencia machista en lo que va de año en España y la primera en Galicia, fue despedida este martes en Porriño. Familiares y seres queridos, todos rotos de dolor por su injusto final, le dieron el último adiós en la iglesia parroquial de Santa María de Porriño. / Anxo Gutiérrez
Nidia Arévalo
Mos está roto. Roto pola dor que nos causa a ausencia dunha muller que xa non está. Roto porque cando a violencia entra nun fogar e lle arrebata a vida a unha veciña, nada volve ser igual.
No mes que levamos deste ano, seis mulleres foron asasinadas en España pola violencia machista. Seis nomes. Seis vidas truncadas. Seis familias esnaquizadas. Esta vez tocounos a nós. Tocoulle a Mos. Tocoulle á nosa querida Belén, veciña da parroquia de Sanguiñeda, e con ela feriuse a todo un pobo.
Como alcaldesa e veciña, acompaño a dor da súa familia e das persoas que a querían. Pero tamén escribo estas verbas como representante pública e como portavoz adxunta en materia de violencia de xénero no grupo parlamentario maioritario do Senado. Un ámbito no que levo anos traballando con convicción, con responsabilidade e coa firmeza de quen sabe que a violencia contra as mulleres é unha das maiores lacras da nosa sociedade.

Minuto de silencio en Mos por Belén Fernández, asesinada por su expareja en su casa del concello pontevedrés. / Anxo Gutiérrez
E por iso digo, con toda a dor pero tamén con toda a honestidade: algo non está funcionando. Algo falla cando, a pesar das políticas, dos recursos e dos protocolos, seguimos contando vítimas. Algo falla cando unha persoa capaz de asasinar dunha maneira tan brutal non estaba detectada, non estaba no sistema, non estaba nun programa de seguimento. Algo falla cando chegamos tarde.
Esta é unha reflexión obrigada. As políticas públicas deben salvar vidas, e cando non o fan, é deber das institucións revisar, mellorar e actuar con urxencia. Non vale conformarse. Non vale mirar para outro lado.
Neste caso concreto, ademais, hai unha agravante dolorosa: o agresor suicidouse. Non haberá xuízo. Non haberá condena penal. Non haberá a resposta xudicial que toda sociedade democrática precisa para reparar, aínda que sexa simbolicamente, unha inxustiza tan brutal.

Pleno extraordinario en Mos. / Anxo Gutiérrez
Pero que ninguén se confunda: non pode haber impunidade. Nin social, nin política, nin moral. Nos casos nos que os agresores sobreviven, debe caer sobre eles todo o peso da lei, sen ambigüidades, sen concesións.
As mulleres non poden seguir pagando coa súa vida o feito de selo. Como senadora e como alcaldesa, non me cansarei de dicilo: a loita contra a violencia de xénero esixe máis coordinación, máis prevención, máis recursos e máis valentía política. Esixe revisar protocolos, mellorar a detección temperá, reforzar a protección e actuar antes de que sexa demasiado tarde.
Pero tamén esixe algo fundamental: escoitar ás vítimas. A todas as mulleres que sofren violencia quero dicirlles algo claro: non estades soas. Denunciade. Pedide axuda. Achegádevos ás institucións, aos servizos sociais, ás forzas de seguridade. Hai profesionais preparados, hai persoas dispostas a acompañarvos.
Hoxe Mos está de loito. Pero Mos tamén está unido. Unido na dor, no recordo de Belén e no compromiso de non esquecer. Unido na esixencia de que isto non volva ocorrer. Unido na defensa dunha sociedade na que ningunha muller teña que vivir con medo.
Non podemos permitirnos nin unha vítima máis. Nin unha. Por Belén. Por todas.
Pide ayuda
El 016 atiende a las víctimas de todas las violencias contra las mujeres. Es un teléfono gratuito y confidencial que presta servicio en 53 idiomas y no deja rastro en la factura. También se ofrece información a través del correo electrónico 016-online@igualdad.gob.es y asesoramiento y atención psicosocial mediante el número de Whatsapp 600 000 016. Además, los menores pueden dirigirse al teléfono de ANAR 900202010.
Las víctimas de maltrato sordas, con discapacidad auditiva, ciegas o sordociegas pueden llamar al 016 con 900 116 016, SVisual, ALBA, Telesor, ATENPRO y la app PorMí. Todos los recursos contra la violencia de género.
- Una carga de pescado congelado volcada sobre la carretera en Vilagarcía
- Un desprendimiento de la Autovía do Morrazo sepulta una vivienda en Moaña y deja un vecino herido
- Condenados en Ourense por las faltas a clase de su hijo durante cuatro cursos
- El Sergas realiza una visita de inspección a dermatología de Povisa y analiza si tomará medidas
- La zapatería viguesa Dadá baja la persiana de su primer local en la perpendicular de Príncipe después de 30 años
- El tren de borrascas convierte a Galicia en la principal productora hidroeléctrica del país
- Tres detenidos al hundirse un barco con 12.000 litros de gasóleo a bordo en O Grove
- Pesqueros con la licencia retirada por pesca ilegal o con historial de muertos a bordo también pueden vender en la UE