Entrevista | Ugía Pedreira Cantautora
«Non fago cancións bonitas por facer e logo póñolles un título»
A cantautora presenta hoxe o seu último álbum, «Basal», na Sala Rebullón de Mos, acompañada da súa banda e da cantante Uxía

Ugía Pedreira. / Óscar Górriz
A cantautora Ugía Pedreira, referente da música galega desde os anos 90, ofrecerá un concerto este venres, ás 22.00 horas, na Sala Rebullón de Mos. Acompañada da súa banda, Mauricio Caruso á guitarra, Lorena Cachito á batería e Alejandro Vargas ao piano, e, nesta ocasión coa colaboración especial de Uxía, Pedreira interpretará por primeira vez no sur da provincia de Pontevedra os temas do seu último disco, Basal.
—Que é Basal?
Moitos dos meus ingredientes para facer cancións como compositora teñen que ver co patrimonio inmaterial galego, tanto a música tradicional como o pensamento da idiosincrasia galega. Fago as cancións desde aí. Este álbum está pegadísimo ao que é a casa da familia. Comézao miña nai, que é una cantora popular doméstica, e remátao miña filla, que ten un oído especial para a música tendo parálises cerebral. A propia portada do disco é a fachada da casa da Mariña. Entón, Basal é iso, un disco feito desde esa herdanza familiar da música. Eu non veño nin de agrupacións folclóricas nin de aulas, vivín a música galega na casa, desde nena, de maneira natural e orgánica.
—Trata de transmitir eses valores en todos os teus traballos?
Este disco é así, pero trato cada disco como se fose un libro. Escribo desde 1995 e para min, en cada álbum que saquei en solitario ou compartido, todo tiña unha base que se sustentaba nunha mensaxe. Neste caso, en Basal, igual. Non fago cancións bonitas por facer e logo póñolles un título. É unha maneira integral de traballar artisticamente a música. Tamén traballo a posta en escena, que para min é fundamental desde que fun consciente da necesidade da dirección escénica na música desde fai 25 años.
—Que momento diría que vive a música galega?
Creo que é un dos momentos moi lindos como creo que houbo moitos máis. Creo que son procesos históricos. Cada década ou determinado ano é importante por unha cuestión ou por outra. Cando Manolo Quiroga triunfou en Nueva York e había garabatas co seu nome, tamén era importante para a música galega; ou cando Andrés do Barro estaba nas primeiras listas. Houbo moitas cousas importantes para a historia da música do país e é moi lindo formar parte de ela.
Suscríbete para seguir leyendo
- El buque «Novaya Zemlya» descargará en Cuba tras el veto a hacerlo en España
- «Tuve que renunciar a mucho y adaptar mi vida para conseguir ser jueza»
- El emblemático Hotel Bahía de Vigo renueva su imagen: adiós a los azulejos azules y más de 5,4 millones de inversión
- El ourensano Diego Fuentes, futuro 'copadre': «Pensé que no tenía por qué ser peor que otro sistema porque al final se trata de conocer a alguien con quien establezcas una afinidad»
- ¿Por qué conviven vecinos y huéspedes en el Hotel Bahía de Vigo?
- Villa Elisa ya es propiedad municipal
- Punto y final a la burla de Cerdedo
- Quiebra la excontrata gallega de centros logísticos de grupo Inditex