Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

GUARDIA CIVIL

Estafan 70.000 euros a una persona en Pontevedra a través del timo del «hijo en apuros»

La Guardia Civil alerta de varias denuncias recibidas en los últimos días en Baiona, O Porriño y Tui

Los agentes aconsejan desconfiar de cualquier petición urgente de dinero

Un agente del equipo de investigación tecnológica de la Guardia Civil.

Un agente del equipo de investigación tecnológica de la Guardia Civil. / Guardia Civil

Alberto Blanco

Alberto Blanco

Vigo

La Guardia Civil alerta de un repunte de estafas cometidas mediante el conocido método del «hijo en apuros» en la provincia de Pontevedra. Lo hace después de que en los últimos meses se hayan registrado varias en Baiona, O Porriño y Tui. En algunos de los casos denunciados, las cantidades defraudadas se sitúan entre los 4.000 y los 70.000 euros.

Según explica la Guardia Civil, se trata de un fraude basado en la ingeniería social y la manipulación emocional de las víctimas. El engaño suele comenzar con un mensaje enviado por WhatsApp desde un número desconocido. El estafador se hace pasar por un hijo, una hija o un familiar cercano y alega, por ejemplo, que ha cambiado de teléfono porque el anterior se le ha roto o lo ha perdido.

Con mensajes como «Hola mamá/papá, este es mi nuevo número, guárdalo», el delincuente trata de ganarse la confianza de la víctima. Para reforzar la coartada, asegura que no puede hablar por teléfono porque el micrófono o el altavoz del nuevo dispositivo no funciona, evitando así que la víctima descubra el engaño mediante una llamada.

Una vez superada esa primera fase, el supuesto familiar comunica que necesita dinero con urgencia para hacer frente a un pago inmediato: una factura, una reparación, una compra, una deuda o cualquier otro imprevisto. En ocasiones, incluso afirma encontrarse en una situación especialmente delicada, con mensajes como «Estoy en un problema», «He tenido un accidente», «Estoy en el hospital» o «No puedo llamar». El dinero suele solicitarse a través de Bizum o mediante transferencias bancarias inmediatas.

La Guardia Civil recuerda que existen varias señales de alerta que pueden ayudar a detectar esta modalidad de estafa. Entre ellas, destacan el cambio repentino de número, la urgencia del mensaje, la imposibilidad de hablar por teléfono, la presión para enviar dinero de forma inmediata y el uso de un lenguaje genérico o impropio de la forma habitual de expresarse del familiar al que supuestamente suplanta.

Para evitar caer en este fraude, los agentes aconsejan desconfiar de cualquier petición urgente de dinero, llamar siempre al número habitual del familiar, contactar con otra persona cercana que pueda confirmar la situación y plantear preguntas de control que solo la persona real pueda responder. También recomiendan bloquear el número y reportarlo en la aplicación de mensajería.

Si la estafa ya se ha consumado, la Guardia Civil insiste en la importancia de preservar todas las pruebas, no borrar la conversación, realizar capturas de pantalla de los mensajes, guardar el número de teléfono empleado por el autor y conservar los justificantes de pago antes de interponer la correspondiente denuncia.

La modelo Eugenia Silva se enamora de Vigo: «Me ha robado el corazón»
La jornada 31 de LaLiga EA Sports, en imágenes
La vuelta de los astronaturas de la misión Artemis II a la Tierra, en imágenes
Balizan el primer nido de chorlitejo en la Reserva Ornitológica de O Grove

Hai momentos nos que unha institución se define mellor ca en calquera discurso. Non cando fala de si mesma, senón cando ten que afrontar o incómodo, o delicado, o que doe e divide. Os casos de acoso son un deses momentos. Unha universidade pública non pode permitirse fallar aí. Non pode mirar para outro lado. Non pode relativizar. Non pode tratar como ruído o que para unha persoa pode ser unha experiencia de medo, humillación ou vulneración da súa dignidade. A primeira obriga dunha universidade é moi simple de formular e moi seria de cumprir: escoitar, atender e actuar. Pero actuar non é berrar máis ca ninguén. Actuar non é substituír os procedementos pola temperatura do momento. Actuar non é confundir a firmeza coa precipitación. Hai unha forma de responder que tranquiliza por un instante e fracasa a longo prazo: a do xesto sen rigor, a da frase contundente sen fundamento, a da condena pública que semella dar satisfacción inmediata pero debilita a xustiza. E hai outra máis difícil, menos vistosa cecáis, pero moito máis honesta: a de facer as cousas ben. Niso consiste a responsabilidade institucional. En tomar en serio toda denuncia. En activar os mecanismos previstos. En acompañar ás persoas afectadas. En preservar a súa intimidade. En analizar os feitos. En colaborar coas instancias competentes. E, ao mesmo tempo, en respectar a presunción de inocencia, a confidencialidade e as garantías que sosteñen unha convivencia democrática. Porque ninguén pode ser condenado sen probas, ninguén debería estar sinalado sen que os feitos sexan reais e teñan sido acreditados, porque non se pode afectar ás vidas das persoas por faladurías, por informacións incompletas ou sen respeito aos procedementos. Hai quen presenta estes principios como se uns estorbasen aos outros. Como se defender ás posibles vítimas obrigase a prescindir das garantías. Como se respectar os procedementos fose unha forma de tibieza. Como se a prudencia institucional fose sospeitosa por definición. Eu non o creo. Máis ben creo o contrario: cando unha institución renuncia ás garantías, tamén debilita a causa que di defender. Porque convén dicilo con claridade. Investigar non é encubrir. Gardar a reserva debida non é ocultar. Acompasar unha actuación ao marco legal non é inhibirse. A prudencia, nestes asuntos, non é covardía: é respecto ás persoas, aos feitos e ao dereito. E iso vale para todos. Para quen denuncia, que merece ser escoitada con toda a seriedade. E para quen é sinalado, que non pode ser convertido en culpable por rumor, por presión ambiental ou por veredicto de corredor. Vivimos tempos de inmediatez nas respostas. Un titular chega antes ca unha resolución. Un comentario corre máis ca unha investigación. Un cartel impacta máis ca un expediente. E unha rede social adoita ter pouca paciencia cos matices. Pero as institucións non poden actuar ao ritmo do sobresalto. Non deben moverse pola lóxica do escaparate. O seu deber é outro: soster a serenidade cando falta, poñer método onde hai ruído e non permitir que a dor, lexítima, desemboque na arbitrariedade. A loita contra o acoso merece toda a nosa firmeza. E merece tamén toda a nosa seriedade. Merece universidades que formen, prevengan e actúen. Merece espazos nos que calquera persoa saiba que a súa voz será atendida. Merece tolerancia cero ante as condutas incompatibles coa dignidade humana. Pero merece tamén que non se trivialice a gravidade destes asuntos reducindo todo a consignas, simplificacións ou sentenzas anticipadas. Unha universidade debe ser un lugar seguro. E un lugar seguro non é só aquel no que se condena rápido. É aquel no que se protexe ben. No que se acompaña con coidado. No que se actúa con rigor. No que non se abandona a ninguén, pero tampouco se sacrifica a xustiza á ansiedade pública. No que se entende que os dereitos non poden depender do volume do ruído. Eu creo nesa universidade. Nunha universidade que non cala por comodidade nin fala por impulso. Nunha universidade que non banaliza nin o dano nin as garantías. Nunha universidade que sabe que igualdade e Estado de dereito non son conceptos contraditorios, senón a mesma obriga moral expresada de dúas maneiras. Nunha universidade, en definitiva, que non escolle entre coidar ás persoas e coidar os procedementos, porque sabe que facer unha cousa ben esixe facer tamén a outra. Ao final, todo se resume nunha idea ben sinxela. Nun asunto así, unha institución que coide ás persoas non pode optar nin polo silencio nin polo linchamento. O seu deber é outro: estar á altura. Protexer sen arbitrariedades, escoitar sen prexuízos e actuar sen precipitación, non é debilidade. Chámase civilización. E eu podo afirmar orgulloso que a nosa Universidade de Vigo cumpre coa legalidade vixente en materia disciplinaria e coa necesaria e anhelada igualdade.

Tracking Pixel Contents