Poesía
Samuel Merino, orgullo de Mos
O Concello de Mos vai a celebrar o Día da Poesía cun autor da casa. Samuel Merino, o autor de «Manual de Camuflaxe», ten o recoñecemento do seu pobo

Samuel Merino. | ALEX SOBRINO
O Concello de Mos renderá homenaxe ao escritor mosense Samuel Merino Gómez (Mos 1982), coñecido no ámbito literario como Pompa e Boato e recente gañador do VII Premio Nacional de Poesía Viva L de Lírica pola súa obra «Manual de camuflaxe». O acto terá lugar o vindeiro mércores 25 de marzo, ás 18.00 horas, na biblioteca municipal María Magdalena, coincidindo coa conmemoración do Día da Poesía.
Segundo o Concello de Mos, a cita combinará o recoñecemento institucional cun recital aberto ao público no que o autor ofrecerá unha lectura performativa do seu último traballo, fiel ao seu estilo escénico, a medio camiño entre o verso oral, o teatro e a experimentación sonora. Trátase dunha proposta que afonda nunha poética reflexiva e autorreferencial, construída desde a presenza e o contacto directo co público.
Licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, Merino leva anos desenvolvendo unha traxectoria singular dentro da poesía contemporánea galega, levando os seus recitais por diferentes puntos de Galicia, en ocasións acompañado polo músico Fernán Permuy. A súa obra transita con naturalidade entre linguas e formatos, combinando publicacións en galego, castelán e edicións bilingües.
Entre os seus títulos máis recentes destacan «Claustro corda comensal» (2023) e o propio «Manual de camuflaxe» (2025), libro co que acadou tamén o XIII Premio de poesía Manuel Lueiro Rey. No ámbito escénico, vén de presentar en 2025 a peza «De rota raposa», xunto á creadora Silvia Penas.
Desde o Concello de Mos sublíñase a importancia de apoiar e visualizar o talento local, especialmente no eido da creación literaria contemporánea, así como de achegar propostas culturais innovadoras á cidadanía. «É un orgullo contar cun autor da casa cunha voz tan persoal e recoñecida a nivel estatal», apunta a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo. O evento será de acceso libre.
- «Quedarán prohibidas las comunicaciones por WhatsApp entre familias y profesores. Se harán a través de un canal oficial y dentro de un horario»
- Cazan al arrastrero portugués «Coimbra» por presunta pesca ilegal en uno de los caladeros estratégicos de la flota gallega
- El Estado exige 6 meses de prácticas a los alumnos de la mercante pero solo les da 3: «Hay gente que ya lo da por imposible»
- La música electrónica crece en Galicia: nace un nuevo festival a los pies de la ría de Vigo
- Bertín Osborne actuará en la Festa do Galo, con María Mera de pregonera
- La victoria de la Real Sociedad en Copa complica el deseo europeo del Celta: las cuentas para Champions, UEFA o Conference
- Un ourensano intenta pasar la ITV con un coche y una caravana vinculados a una estafa sufrida por un riojano
- El nuevo «macroparque» infantil en Vigo da un paso clave para ser una realidad en 2027: elegida la empresa para ejecutar la obra