Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Nigrán conmemora os 75 anos de Galaxia con mostras e conferencias este mes

REDACCIÓN

Nigrán

Os cines municipais do centro comercial da Ramallosa acollerán os venres de novembro un programa cultural para conmemorar o 75 aniversario de Galaxia da man do Concello de Nigrán, que quere ensalzar o que significa a editorial para Galicia e tamén o seu especial vínculo co municipio. Alí viviron o que foi o seu director, Carlos Casares, ademais da escritora Xohana Torres e Francisco Fernández del Riego, que doou parte da súa biblioteca á localidade.

Os actos comezan hoxe ás 19.30 coa inauguración das exposicións «Unha idea de Galicia e de liberdade. Francisco Fernández del Riego» e «As caras dos libros de Carlos Casares», que se poderán visitar ato o día 30 de 17.00 a 21.00. Proxectarase tamén o documental «Crear porvir. 75 anos da Editorial Galaxia», presentado polo alcalde, Juan González; o director da editorial, Xose Manuel Soutullo, e Carlos Méixome, coordinador das xornadas.

Tracking Pixel Contents