Cen anos despois do mestre Sebastián Pena
Nigrán repite a imaxe da súa escola no 1925 na lembranza do represaliado

Familiares e alumnos de Sebastián Pena con Méixome e con parte do goberno municipal, onte.
Onte fixo 100 anos da coñecida fotografía do mestre represaliado Sebastián Pena cos seus alumnos e o Concello de Nigrán quixo lembrar o profesor cunha placa ante a mesma escola da parroquia de Parada e cunha versión da imaxe un século despois.
Os netos e familiares vivos daquel recordado docente posaron ante a cámara onde o fixera el cos escolares daquela época, xunto co historiador Carlos Méixome e parte do goberno municipal.
Hai dous meses que o Concello comezou a buscar os 34 protagonistas da imaxe do 3 de novembro de 1925, na que destaca unha pizarra co escrito. «Una buena educación es un tesoro». Só se conseguiu nomear a nove dos rapaces da imaxe nesta iniciativa para resarcir a figura de Sebastián Pena López (1885-1971), prototipo de mestre da República que se relaciona erradamente co gran represor da comarca, o cabo Pena.
- Marisco de Canadá, Portugal y Marruecos devuelve el producto gallego de la lonja al mar: «Hay gente que lo vende como si fuese de aquí»
- Condenan a un supermercado a indemnizar a 76 trabajadores gallegos por practicar «esquirolaje organizativo» durante una huelga
- Toralla prohíbe los pisos turísticos antes de la apertura de la isla a Vigo
- Oceanográficos tiran «cientos de kilos» de pescado al mar por el veto al quiñón
- Augas alerta al Concello ante el «riesgo de desabastecimiento de más de 400.000 personas» en Vigo
- Fortaleza de Chocolate en Portugal: la tentación más dulce de Valença regresa por Navidad
- El Concello de Vilagarcía cierra de manera cautelar un pub de la zona TIR
- La alta demanda para retirar el amianto de construcciones eleva meses la espera