Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Centáurea celebra o Samaín con Castelao en Gondomar

Unha lectura teatralizada da peza de Castelao «Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete» é a proposta da Asociación Cultural Centáurea para celebrar o Samaín mañá sábado, día 1 de novembro, en Gondomar. A actividade terá lugar na praza das Escolas Vellas e trasladarase a un local próximo se chove. Con ela, Centáurea pretende poñer en valor o significado que na cultura galega ten a celebración de Defuntos e a forma específica de entender a morte en Galicia.

Tracking Pixel Contents