Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Vinte anos de desagravio en Baredo

O IEM iniciou os actos públicos na memoria da Volta dos Nove en 2005

Un momento da homenaxe aos Nove de Baredo, onte.

Un momento da homenaxe aos Nove de Baredo, onte. / ALBA VILLAR

Baiona

Volveu reinar o silencio na curva da Bombardeira, coma hai 89 anos cando alí foran fusilados a mans de falanxistas nove miñoráns. Volveu ao mesmo lugar, por vixésimo ano consecutivo, o resarcimento das vítimas do brutal crime que toda a comarca lembra coma o da Volta dos Nove. A homenaxe do Instituto de Estudos Miñoráns a aqueles represaliados cumpriu onte vinte anos con máis forza ca nunca.

Familiares dos asasinados e veciños reuníronse unha vez máis en torno á escultura de Fernando Casás para facer unha ofrenda floral e lembrar a arrepiante historia de vinganza que comezaba co asalto falanxista á casa dos irmáns anarquistas Os Ineses en Sabarís, onde morreron eles, a súa asistenta, Dolores Samuelle, e un dos sublevados.

Tracking Pixel Contents