Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Comeza o mes da memoria coa charla con música «A ruta do terror no Val de Miñor»

O Concello de Nigrán conmemora mañá o 89 aniversario da Volta dos Nove

Val Miñor

Outubro é o Mes da Memoria no Val Miñor, dado que foi o día 15 deste mes no ano 36, cando tiveron lugar os brutais asasinatos da Volta dos Nove. O programa de actos do Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) comeza hoxe ás 20.00 no local da entidade en Gondomar coa charla «A ruta do terror no Val de Miñor» a cargo do historiador Xosé Lois Vilar, que estará acompañado pola música de Su Garrido Pombo.

Antes do acto central na Volta dos Nove, previsto este sábado, o seguinte encontro coa memoria histórica terá lugar mañá mércores ás 11.00 no Xardín da Memoria de Panxón. O Concello de Nigrán conmemorará alí o 89 aniversario daquel escuro episodio.

Tracking Pixel Contents