Cáccamo, primeiro chanzo da Praza da Biblioteca
O Concello culmina as xornadas en memoria do escritor cunha adicatoria na escaleira do espazo público

Familiares, achegados e alcalde tras descubrir o chanzo de Alfonso Álvarez Cáccamo na Praza da Biblioteca de Nigrán.
N.P.
O primeiro chanzo da escaleira da Praza da Biblioteca de Nigrán xa ten nome, o de Alfonso Álvarez Cáccamo. O Concello de Nigrán puxo fin onte ás xornadas culturais que familia e amigos organizaron esta semana adicándolle ao escritor un dos pasos do espazo público. O alcalde, Juan González, e achegados do autor falecido en marzo de 2023, descubriron o banzo, onde se pode ler tallado no granito o verso «Onde flúen as distancias do primeiro río», do seu poemario «Sebes contra o vento», editado por Espiral Maior en 2009.
Este é o primeiro dos chanzos da praza ao que o Concello lle asigna un escritor. A intención do goberno municipal é homenaxear outros autors nos demais.
Cáccamo desenvolveu boa parte da súa vida en Nigrán, onde exerceu como docente de diferentes xeracións de nigraneses no CPI Arquitecto Palacios de Panxón. O seu piano forma parte da Escola Municipal de Música do Concello de Nigrán por expreso desexo dos seus fillos, quenes doaron o instrumento tras o seu falecemento.
A homenaxe arrancou o mércores coa inauguración dunha exposición na súa memoria no auditorio municipal e diferentes palestras a cargo de expertos que tiveron lugar ata este sábado e que abordaron a súa literatura ou o seu sentido do humor. Entre os conferenciantes Antón Mascato, Manuel Forcadela, Gonzalo Navaza, Marga do Val, Xavier Queipo, Xosé Cid Cabido, Marta Dacosta, Carlos Méixome, Laura Lesta García Pepe Carreiro, Xosé Lois González ou Lola Vázquez.
Alfonso foi tamén articulista de prensa en FARO DE VIGO; «A Nosa Terra», e as revistas de humor «Can sen Dono» ou «Xó!» . Recibiu diferentes premios literarios como O Café de Catro a Catro, o Xerais de novela, o Álvaro Cunqueiro de narrativa, o Modesto R. Figueiredo ou o Manuel Murguía. Cultivou o humorismo, a música, as artes plásticas, o amor e a amizade, estarricando a vida dende a súa fecunda creatividade e a infinita bonhomía polas que será lembrado.
- El ave que se «come» a la velutina
- Entrar en los dobles grados de Matemáticas, Física e Ingeniería Informática, solo para alumnos sobresalientes: exige más de un 13
- Arrasado por un incendio un edificio en pleno centro de Pontevedra: «Creía que iba a explotar todo»
- La hostelería da una salida a los migrantes de Sanxenxo: «Es una satisfacción enorme ver cómo se abren camino»
- La Xunta dará bonos de 50 euros para comprar pescado a partir del 28 de julio
- Cuatro noches de música con Heredeiros da Crus y las orquestas Players y Los Magos en las Festas do Carme
- Vigo activa la venta de entradas para los conciertos de Castrelos: horarios, límites y consejos
- Se complica el fichaje de Bryan Zaragoza