In memoriam
Antonio Barros Sanjuan, o home dos grandes momentos
Apaixoado da imaxe e fotógrafo profesional, polas súas cámaras analóxicas de foto e vídeo pasaron milleiros de momentos felices de Salceda e comarca

Antonio Barros Sanjuan. / F. Reigada
Loli Castiñeira*
Hoxe despedimos a Antonio Barros Sanjuan, que será soterrado en San Xurxo.
Apaixoado da imaxe e fotógrafo profesional, polas súas cámaras analóxicas de foto e vídeo pasaron milleiros de momentos felices de Salceda e comarca: vodas, bautizos, primeiras comuñóns, e tamén intres únicos de tradicións populares e vida da xente.
Pero Barros Sanjuán non foi só un fotógrafo, foi unha persoa comprometida co seu pobo, defensor dos valores da esquerda e tamén o home capaz de poñer a nosa vila nas páxinas de FARO durante catro décadas, non só como fotoxornalista senón como columnista e corresponsal comprometido coa verdade.
Militante do Partido Socialista, chegou a ser secretario xeral do mesmo na vila e formou parte das listas electorais en momentos en que era complicado ir contracorrente. Valente e contrario ás inxustizas, Barros era un home cun sorriso permanente, pegado a unha cámara enorme sempre lista para recoller o momento.
Eu lémbrome del xa na súa etapa máis próxima, cun Mercedes de varios anos, ferramenta para as grandes vodas, e o seu traxe azul, ás veces baixo un sol de xustiza, preparado para capturar co seu obxectivo o momento. Porque sen a súa presenza as cousas pasaban pero era como se non ocorresen.
Antonio Barros finou aos 83 anos despois dunha longa loita pola supervivencia debido a un ictus que o deixou con mobilidade reducida e moita dependencia, segundo conta a súa familia. Ata o final dos seus días conservou o espírito loitador que o caracterizou sempre. Morreu en Canarias, lonxe da súa terra, e volta para cumprir o seu desexo de ser soterrado aquí.
Antonio, aínda que nos despedimos sabemos que non marchas, quedas formando parte da terra de Salceda como querías e o teu sorriso permanente forma parte xa do corazón do pobo.
*Loli Castiñeira é alcaldesa de Salceda
- Rescatan en Vigo a un hombre desaparecido que llevaba 11 días oculto entre rocas en Tombo do Gato
- El empresario detenido por la UCO en Santiago es uno de los tres cabecillas de la red criminal que defraudó 69 millones
- Multa de 10.000 euros y 3 meses sin licencia para el furtivo de los 800 kilos de pulpo
- Hachazo’ en las oposiciones de educación: eliminados en la primera prueba casi el 90% de los aspirantes
- Hosteleros divididos por la actitud de los peregrinos
- Un conductor ebrio atropella al alcalde de Sanxenxo
- El restaurante flotante de Roberto Vilar en Silgar
- El pueblo costero de Galicia donde se come muy bien en primera línea de playa: «El refugio del fin del mundo»