Luísa Abad da a coñecer o seu poemario no IEM

A aula de cultura Ponte de Rosas de Gondomar, sede do Instituto de Estudos Miñoráns, acolle hoxe ás 20.00 horas a presentación do poemario «Sereas afónicas» por parte da súa autora, Luísa Abad. Unha obra na que a poeta se mergulla na palabra como acto de resistencia, memoria e beleza, publicada por Editorial Elvira. O editor, Xabier Romero, acompañará a autora durante o acto e a historiadora Rosa Pascual encargarase de conducilo.

Tracking Pixel Contents