Carlos Callón presenta libro en Gondomar

O escritor e profesor Carlos Callón estará hoxe na libraría Libraida de Gondomar para presentar o seu último libro, «Vidas e historias LGTB da Idade Media», editado por Xerais, ás 20.00 horas. A obra analiza a evolución da diversidade sexual e de xénero ao longo do medievo a partir de documentación galega e portuguesa. A mestra e poeta Marta Dacosta conducirá o acto. O autor presidiu a Mesa pola Normalización Lingüística de 2002 a 2014.

Tracking Pixel Contents