Nigrán ten dúas voceiras no Consello Galego da Infancia

Cayetana e Carmen.

Cayetana e Carmen.

Nigrán

Cayetana Guede, do IES Val Miñor, e Carmen Vázquez, do colexio Humberto Juanes, son as novas representantes de Nigrán no Consello Autonómico da Infancia e da Adolescencia (CAIA). As dúas foron nomeadas polo Concello de Nigrán como relevo ao anterior voceiro local, Martín Rey, xa na universidade.

O CAIA está formado por trinta mozas e mozos de municipios que contan con estruturas de participación, coma o órgano de nigranés Xeración Xa!, así como representantes de entidades que traballan coa infancia. Nigrán foi recoñecido por Unicef como Cidade Amiga da Infancia hai seis meses.

Tracking Pixel Contents