Iria-Friné Rivera falará sobre a cartelaría do Estatuto do 36

A conferencia será o venres ás 19.30 horas na Oficina de Turismo de Redondela

A.P.

Redondela

O Concello de Redondela súmase a conmemoración do Ano Castelao cun amplo programa de actividades desde o Servizo de Normalización Lingüistica, que dirixe a alcaldesa Digna Rivas. Este venres, ás 19.30 horas na Oficina de Turismo, ofrece a conferencias de Iria-Friné Rivera, historiadora da arte e escritora, que falará sobre a cartelaría do Estatuto do 36 de Castelao baixo o título «A arte de abrir os ollos nos carteis do Estatuto de Galicia de Castelao». A entrada é libre ata completar o aforo.

Por outra banda, o 5 de xuño, inaugúrase no Multiúsos da Xunqueira a exposición itinerante «Castelao Grafista».

Tracking Pixel Contents