Por que fillo ou filla de puta e non de «puteiro»
A expresión «fillo/filla de puta» responde a patróns históricos e culturais da linguaxe e, onde unha vez máis, atácase á honra familiar ao través da nai. Reflicte a visión misóxina e patriarcal onde a sexualidade feminina máis o corpo da muller non merecen respecto posto que representamos o pecado e o vicio; daquela, merecentes deste insulto.
Son moi respectuosa coas mulleres prostituidas e sei polo que pasan ou pasaron. Aspiro a que algún día a prostitución sexa abolida e os puteiros-delincuentes sexan perseguidos, condeados e estigmatizados.
Non gosto dos insultos de calquera caste e non os emprego; mais o patriarcado, misóxino de seu, teno ben clariño: nunca promoverá unha revisión. O arraigamento que ten este insulto contra todas as nais deberíanos animar a utilizar «fillo de puteiro», moito máis acaído xa que a eles nin se lles vai cuestionar a súa sexualidade nin representan o pecado ou o vicio. Máis aínda: o puteiro segue a ser ben visto e recoñecido no seu entorno.
Seguindo co insulto « filla ou fillo de puta», non debemos desculpar a aqueles que din que xa non ten connotacións insultantes e que esta expresión emprégase en moitos casos en ton humorístico ou de broma. Como podemos observar, unha vez máis vemos como o patriarcado normaliza e socializarnos o uso dos insultos sexistas e misóxenos. Cómpre sermos conscientes e rexeitalos.
Convido a mudar «fillo de puta» por «fillo de puteiro», sexa dito nun contexto de chanza ou non. Mesmo a corrixir a quen o diga, aprezando a súa sorpresa ou confusión, mesmo sorriso. É convidar a pensar pois a linguaxe non é inocente.
Os insultos dirixidos á figura materna sempre se centran en descualificala ou atacar o seu papel, sendo especialmente ferintes pola importancia cultural e emocional que se lle atribúe á maternidade.
Suscríbete para seguir leyendo
- La calle donde mejor se come en España está en Galicia y tiene 80 bares en 150 metros según la revista Viajar
- Rescatan de un contenedor a una mujer que intentaba recuperar un artículo en Soutomaior
- El pueblo gallego que no tiene turismo: playas vírgenes y está declarado Conjunto Histórico-Artístico
- «Le invitó a cocaína y lo violó»: ratificada la condena por agresión sexual y robo a un joven en un parking de Vigo
- El vigués que apuñaló a su exmujer ya mató al hermano hace dos décadas
- Habla la embarazada que se fugó de Asturias para que no le quiten el bebé: 'Mañana me provocan el parto, volveré para el juicio
- Los narcos detenidos almacenaban la droga en el parking del Álvaro Cunqueiro de Vigo
- Un coche vuelca en Domaio y el ocupante se muestra agresivo con la Policía tras dar positivo en alcohol y drogas