Alfombreiro, nova voz galega
A Real Academia Galega incorporará o termo «alfombreiro, -a» ao dicionario galego
Así llo confirmou o coordinador do Seminario de Lexicografía da RAG á Asociación de Alfombristas Corpus Christi de Ponteareas, impulsora da iniciativa

Alfombreiros da Asociación de Ponteareas traballando nunha das súas últimas obras. / D.P.
A Asociación de Alfombristas Corpus Christi de Ponteareas recibiu un agasallo moi especial no Día das Letras Galegas: a inclusión no Dicionario da Real Academia Galega do termo «alfombreiro, -a», tal e como solicitara a principios deste ano. A nova foi comunicada por carta polo coordinador do Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega (RAG), Manuel González González, ao presidente do colectivo alfombreiro ponteareán na fin de semana.
«Na reunión do Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega do día 19 de febreiro de 2025 tomouse o acordo de incorporar ao Dicionario da Real Academia Galega a voz alfombreiro, -a como substantivo para expresar a persoa que fai, amaña ou vende alfombras, e como adxectivo co significado de relativo ás alfombras», explica na súa epístola o coordinador da RAG, apuntando que «aínda que a incorporación da voz está aprobada desde o día 19 de febreiro, a súa visualización na edición en liña do dicionario non será efectiva ata que se produza a próxima carga de modificacións e novas incorporacións».
Desde a Asociación de Alfombristas de Ponteareas recollen con gran entusiasmo esta nova, pois entenden que o novo termo «cubre unha gran carencia na lingua galega». «É a culminación para que a tradición de confección de alfombras de flores para as procesións de Corpus en toda Galicia, e das que as de Ponteareas son un referente internacional, sexa recoñecida como a arte efémera que é, e as persoas que as fan, como artistas», manifesta o colectivo de alfombreiros e alfombreiras de Ponteareas.
Por outra banda, da mesma forma que enviaron esta petición a RAG, a Asociación tamén solicitou á Real Academia Española a solicitude dunha nova acepción para definir a palabra alfombrista, xa que ningunha das actuais fai referencia á arte floral efémera. Nesta caso, aínda que a petición foi recollida polo académico Darío Villanueva, está pendente de resolución na comisión de neoloxismos da RAE.
Terceira edición de Artistea
Precisamente a arte efémera que define os alfombreiros é a temática protagonista da terceira residencia de artistas Artistea que terá lugar en Ponteareas as semanas previas á gran festividades de Corpus Christi, que cadra o 22 de xuño.
Neste senso, o Concello vén de ampliar o prazo de presentación de propostas co fin de favorecer a máxima participación posible, de maneira que os e as artistas poderán presentar as memorias dos seus proxectos ata o 23 de maio
Son cinco días máis dos previstos, xa que o prazo tiña que ter rematado o 16 de maio. Poderán presentar solicitude os e as artistas que practiquen algunha arte efémera, tendo preferencia as relacionadas co alfombrismo.
Suscríbete para seguir leyendo
- Si ves una cría de pájaro caída del nido, no la cojas: esto es lo que dice la Sociedad Española de Ornitología
- Vuelos ya cancelados y billetes «trampa» en Santiago: despega la operación cierre de Lavacolla
- Devuelve la cartera de un joven de Aldán con el dinero que tenía para viajar a Tenerife: «¡Personas que son ángeles!»
- Aurelio Rojas, cardiólogo, recomienda este cambio cuando salgas a caminar: «Es como pasar de ver la tele a entrenar tu sistema cardiovascular»
- El bloqueo de Portugal tras el apagón hunde la generación eléctrica de Galicia
- Si vives en el rural gallego tienes más riesgo de contraer esta enfermedad de difícil diagnóstico: están aumentando los casos
- La falta de ayudas aboca al cierre a la primera cafetería inclusiva de la ciudad
- El psicólogo Álvaro Bilbao advierte: si tu hijo hace estas preguntas, acude al pediatra «lo antes posible»